ÚLTIMA JORNADA
3.200 consultas anuladas por la huelga de médicos en Ourense
O xurado do XVI Premio Clara Campoamor á igualdade de oportunidades que outorga o Concello de Ourense, a través da Concellería de Política Social, acordou onte por unanimidade concederlle o galardón ao grupo de profesoras “EXXperimenta en feminino”, un colectivo formado por docentes da Facultade de Ciencias, da Escola de Enfermaría, da Escola Superior de Enxeñaría Informática e da Escola de Enxeñaría Aeronaútica e do Espazo do Campus de Ourense da Universidade de Vigo. O galardón outorgarase o próximo 9 de marzo.
Reciben o premio “pola promoción, visibilización e posta en valor de referentes femininos nas ciencias, as tecnoloxías, as enxeñerías e as matemáticas (STEM), pola divulgación a través de exposicións (como a recentemente celebrada “EXXperimenta en femenino”), das aportacións das mulleres a estas ciencias, servindo de modelo e concienciando á mocidade sobre a necesidade de contribuír, homes e mulleres en igualdade, ao desenvolvemento científico e tecnolóxico da nosa sociedade”, segundo recolle a acta da reunión do xurado.
O xurado, que se reuniu onte na sede do Centro de Información á Muller, estivo formado por Eugenia Díaz Abella, concelleira de Igualdade, Mª Elena de Jesús Rodríguez, directora do CIMM, María Cabanelas Álvarez, en representación do Consello Municipal da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes; Ana Belén Yáñez Fernández, en representación da Comisión de Investigación e Seguemento da violencia exercida contra as mulleres, Rosa María Díaz Naya, en representación do ámbito sociocultural, e Mª Jesús Vázquez Fernández, xefa de negociado da concellería.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ÚLTIMA JORNADA
3.200 consultas anuladas por la huelga de médicos en Ourense
UN HELICÓPTERO MEDICALIZADO
Un herido tras ceder el suelo de su vivienda en Castro Caldelas
INVADIÓ EL CARRIL CONTRARIO
Condenada tras provocar un accidente en Ourense cuando iba drogada
ESTE VIERNES, ÚLTIMA JORNADA
La huelga médica ya afecta a más de 2.300 ourensanos
Lo último
Sociedad de Promoción Exterior Principado de Asturias
Bruno López, director general de Asturex: “Exportar requiere paciencia, constancia y músculo económico”
RESTABLECER LA NORMALIDAD
Clemente González: “Para San Vicente é necesario un proxecto de pobo”
DESFILE ESCOLAR
Los escolares animaron plazas y rúas en Celanova