Un libro profundiza no traballo e na pegada de Vicente Risco
'VICENTE RISCO, MESTRE DE MESTRES'
A lo largo de su 500 páginas, la obra analiza la figura de Vicente Risco "desde su perspectiva como maestro, profesión en la que ingresó en 1916"
O libro "Vicente Risco, mestre de mestres", do doctor en Pedagoxía Xosé Fernández, amosa un intenso e amplo traballo sobre a vida e obra deste intelectual galego e membro da Xeración Nós, dende a súa achega á literatura, pasando polo seu papel no Seminario de Estudos Galegos e finalmente como formador de mestres.
O traballo foi presentado onte no Centro Cultural Marcos Valcárcel, coa presenza do autor; do presidente da Deputación, Manuel Baltar; o portavoz da sección de educación da Fundación Vicente Risco, Xosé Cid, e do presidente da Fundación, Luís Martínez Risco.
Ao longo das súas 500 páxinas, a obra analiza a figura de Vicente Risco "dende a súa perspectiva como mestre, profesión na que ingresou en 1916" ata a súa xubilación en 1954, pero tamén outros aspectos da súa traxectoria, concretou o autor.
"A súa vida transcendeu e foi máis aló do profesorado e temos importantes exemplos diso. Fixo unha importante achega co seu plan pedagóxico; abriu plataformas de comunicación como a sección "Artes e letras" no diario La Región, e mesmo participou en, poderiámolo, definir como parladoiros de café, entre os que destaca o afamado Volter", apuntou Xosé Fernández.
No mesmo acto presentouse tamén un avance das "Xornadas Pedagóxicas" 2016, que se celebrarán o ano próximo na Deputación de Ourense.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
MÁS DEPORTE
Turno para la vela gallega en Castrelo de Miño
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Jácome ya se da por ganador en 2027?
REHABILITACIÓN DE 13 TRAVESÍAS
Bispo Lourenzo se une a las zonas de arreglo de la Xunta