Profundo pesar no ensino público ourensán pola morte do profesor Ricardo Padrón Chao

OBITUARIO

Ricardo Padrón Chao, figura clave do ensino público ourensán, un profesor que xa forma parte eterna do ADN da universidade laboral

IES Universidade Laboral de Ourense
Publicado: 21 sep 2026 - 08:23 Actualizado: 21 sep 2026 - 08:27
Ricardo Padrón Chao, figura clave do ensino público ourensán e recoñecido polo seu compromiso educativo.
Ricardo Padrón Chao, figura clave do ensino público ourensán e recoñecido polo seu compromiso educativo.

O docente, figura clave do ensino público ourensán e recoñecido polo seu compromiso educativo, deixa unha pegada imborrable na comunidade escolar. A súa paixón pola ciencia e os números tivo tamén o seu reflexo no ámbito familiar coa destacada traxectoria do seu fillo, Martín Padrón, recoñecido mozo xenio das matemáticas a nivel internacional.

A comunidade educativa do IES Universidade Laboral e o ámbito docente da provincia lamentan o falecemento do catedrático de Matemáticas Ricardo Padrón Chao. Coa súa marcha, o ensino público galego perde unha das súas figuras máis queridas e un referente de vocación, proximidade, entrega e rigor académico.

Baleiro

Ricardo Padrón desenvolveu unha destacada carreira docente en varios centros educativos de referencia na provincia. Desde o ano 2013 exercía como docente no IES Universidade Laboral, deixando un baleiro profundo entre os seus compañeiros de claustro, persoal non docente, e as sucesivas promocións de alumnado ás que ensinou coa paciencia e a proximidade que o caracterizaban.

O amor polos números e a paixón polo coñecemento que Ricardo trasladaba ás súas aulas trascendeu tamén no ámbito persoal. O profesor era pai de Martín Padrón Rodríguez, considerado un dos grandes mozos prodixios e xenios das matemáticas no ámbito galego e estatal. Ricardo xa forma parte eterna do ADN da Universidade Laboral.

Desde o equipo directivo e toda a comunidade do IES Universidade Laboral enviámoslle o máis sentido pésame, así como todo o apoio e agarimo, á súa familia, amizades e achegados nestes momentos de dolorosa perda.

Contenido patrocinado

stats