EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
Que pasa rapaz?, imos o meu fogar.” Levaba anos sen velo, e chameino para propoñerlle un traballo xuntos: decorar a vieira de Laza, e tras moitos anos ese foi o seu recibimento en Osebe a carón pilón comunitario. E así foi, fomos “ou seu fogar”.
Non me deixo explicarlle o proxecto, bueno, mellor dito: non fixo falta, Vidal, era, e é, deses grandes xenios que “as collen ao voo”. Cambiou de terzo moi pronto, xa sabía o que tiña que facer, e quería que nos sentásemos a falar da miña ultima visita á Habana.
Así que lle contei con todo luxo de detalles as cousas que lle interesaban da Habana, da súa vida e as súas xentes, mirábame con olliños melancólicos, cun Granma nas mans, coma se quixese tocar o malecón a través daquel vello periódico do réxime.
E así botamos a tarde, logo houbo outro cambio de asunto: íamos falar de Ourense, o Ourense do que os dous estabamos namorados, o rural máis fermoso do mundo, á auga máis asquerosamente rica de As Burgas, ás melenas do Santo Cristo,… e así un repaso ata que chegamos aos “ artistiñas” non sen antes pasar pola Xeración Nos.
Vidal, era un prohombre, si, un verdadeiro prohombre que amaba Ourense, en cada trazo de cada unha das súas obras había sempre escondida unha marabillosa referencia a Ourense, pero tamén era un rebelde, que quería que Ourense volvese ser a Atenas de Galicia, que volvésemos ser berce de escritores, pintores, cineastas,…e os dous soñamos un pouco ese día con ver á nosa vella Auria en primeira fila.
Era moi tarde, seis horas despois tiña que voltar á miña casa, e as súas palabras de despedida foron: “Rapaz, volve pronto carallo”.
Baixando a costa de Osebe cara á comarcal de Ribadavia a Carballiño ía emocionado, mareado (polas cervexas), cheo de ilusión de volver velo, de tirarnos outras seis horas á paparrandona arranxando o mundo, e máis que o mundo o noso Ourense.
Volvín tres ou catro veces máis, sempre era un pracer, sempre aprendía algo dun ser humano entrañable, marabilloso, rebelde, e sobre todo libre. Cando fun por ultima vez a súa casa nunca pensei que ía ser a derradeira, quedamos en xantar un chuletón xunto con Lamazares, Alexandro e Antón Goyanes nas terras de Monterrei: e prométoche que nese xantar estarás mais presente que nunca.
Que a terra che sexa leve.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
DÍA CONTRA EL CÁNCER
La Unidad del Dolor del CHUO atiende 300 enfermos de cáncer al año
SIETE DÍAS EN LA AUTOVÍA
Nuevo corte de la tractorada en la N-525, mientras sigue el de la A-52
Lo último