Un proxecto de ciberseguridade da UVigo recibe 40.000 euros
UNIVERSIDAD
O proxecto galardoado con XXII Premio de Investigación do Consejo Económico e Social de España foi titorizado polo profesor de Economía Aplicada da Facultade de Ciencias Empresariais e Tursimo de Ourense, Alberto Vaquero
O Consejo Económico y Social de España (CES) entregou este martes en Madrid o seu XXII Premio de Investigación, dotado con 40.000 euros, ao proxecto de ciberseguridade “Gardiáns dixitais para un crecemento sostible: ciberseguridade e protección cidadá na era da transformación dixital”, que avalía o impacto socioeconómico da ciberseguridade en España desde unha múltiple perspectiva. O traballo foi realizado por un equipo dirixido por Alberto Vaquero, profesor titular de Economía Aplicada da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense, e conformado por outros nove investigadores e investigadoras, docentes da Universidade de Vigo e da Universidade de Santiago de Compostela de distintas disciplinas, como son a Economía Aplicada, a Organización de Empresa e Comercialización, o Dereito Administrativo e Laboral e as Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial.
Tras recoller o premio, Alberto Vaquero destacou que “queremos agradecer ao CES a oportunidade que tivemos de colaborar cunha institución tan relevante no ámbito socioeconómico e laboral. Para todo o equipo foi un orgullo que confiase en nós para realizar unha investigación que confiamos se converta nun referente no campo da ciberseguridade pola súa perspectiva integradora, inclusiva e multidisciplinar”. Así, o director do proxecto gañador destaca que o estudo vai dirixido a un público non técnico, coa idea de que sexa “accesible para o día a día do usuario” e tendo en conta que a ciberseguridade “afecta xa á cidadanía e ás persoas, aos dereitos dixitais, ás empresas, ás institucións, etc”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este viernes, 18 de septiembre
Rosendo Luis Fernández
El triaje de Marlaska: chavismo
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: viernes, 18 de septiembre
RELACIONES COMERCIALES
Canadá apuesta por Europa pese a las amenazas de EEUU