O PSOE da cidade de Ourense urxe que reabra Espazo Lusquiños
O Espazo Lusquiños, deseñado baixo o bipartito do PSOE e BNG, leva pechado todo o 2023
O grupo municipal socialista levará ao primeiro pleno do novo mandato unha moción para pedir que se reabra, de xeito urxente, o Espazo Lusquiños –deseñado e materializado baixo o mandato do bipartito do PSOE e BNG entre 2007-2012– e pechado sine die desde o pasado mes de xaneiro. Ademais da súa apertura, solicítase que se aprobe un novo regulamento para o seu funcionamento e se dote cunha ampla programación anual que levar a cabo nas súas instalacións.
“Este lugar é o símbolo da recuperación dos espazos seguros para a mocidade onde poder desenvolver a nosa personalidade”, sinala Alba Iglesias, secretaria xeral de Xuventudes Socialistas.
“Ao principio, e pese á carencia de persoal existente, a programación no Lusquiños resultaba de calidade e o espazo comezaba a converterse en centro neurálxico. Sen embargo, a situación comezou a mudar de maneira paulatina durante os dous últimos mandatos de PP e DO, para terminar botando o peche por completo dende inicios de 2023”, engade.
Tamén instan a recuperar a Concellería de Xuventude, “garantindo a dispoñibilidade de medios humanos e materiais para o seu axeitado desenvolvemento, e a comprometerse a levar adiante actividades e programas de ocio e cultura destinados á xente moza”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
La ausencia de odio
SUBESTACIÓN DEL BARBAÑA
Un elevado “peaje” eléctrico en la Alameda de Ourense