O PSOE critica que Freire Couto plante camelias cerca da súa casa
8.000 EUROS
O voceiro socialista acusou de "malgastadora" a política de "invertir en estética" mentres "hai no pobo camiños derrubándose".
O voceiro do PSOE no Concello de Barbadás (Ourense), Xosé Carlos Valcárcel, denunciou este xoves que o alcalde, José Manuel Freire Couto, gastou case 8.000 euros das arcas municipais en "mellorar a estética do ámbito da súa vivenda familiar".
A través dun comunicado, o concelleiro socialista acusou de "malgastadora" a política de "inverter en estética" mentres "hai no pobo camiños derrubándose e redes de sumidoiros rotas".
É por iso que concluíu que Freire Couto "está a desatender as necesidades dos seus veciños" para "priorizar a estética" do ámbito da súa casa a través da adquisición de "24 camelios de gran tamaño". "É un dispendio", sentenciou.
Fronte a iso, Valcárcel defendeu que "gobernar en tempos de crise" consiste en "mitigar as penurias de veciños que pasan por graves problemas económicos e sociais" en lugar de "destinar preto de 8.000 euros á compra de camelios".
Por último, o socialista lamentou "ter que reprochar de novo a postura de dilapidación" que, nos últimos meses, "está a caracterizar" o rexedor. Así, recordou que os calendarios navideño tiveron un custo de case 5.000 euros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNA VIDA DE COLECCIÓN (L)
Galería | La historia de la industria a través de los suelos
"IMPORTANTES RETENCIONES"
Cortes de tráfico en la N-525 por Rabo de Galo a partir de este martes
Lo último
CONVOCATORIA DE PREMIOS
AJE Ourense busca las mejores historias de emprendimiento
AÑO JUBILEO
Una virgen consagrada, en la Veracruz
CERTAME DE BANDAS
El futuro de la música limiá alcanza el oro a nivel gallego