"QUERO SER INVESTIGADORA"
Podcast | Fóra dos laboratorios da UVigo tamén hai investigadoras sen bata
O PSdeG-PSOE denuncia o peche da Oficina do Voluntariado por parte do microgoberno e acusa ao alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, de “desmantelar” os servizos municipais ligados área social, aplicando así unha política de destrución idéntica á que leva a cabo na area cultural.
“A falta de compromiso do microgoberno con cada unha das áreas do Concello é cada vez máis latente e patente, en especial coa área social da que depende esta oficina”, denunciou a concelleira Concha García. “Estamos falando dun espazo que ten que ver co diálogo, a acción, a solidariedade, a cooperación e a integración, todos eles valores de transformación a favor da xustiza social”, detallou.
“Unha das ferramentas máis importantes que temos para loitar contra a desigualdade é o voluntariado activo” defendeu a socialista, quen subliñou que este servizo é necesario “sempre”, e máis aínda en tempos de Covid. Neste sentido, García asegurou que, mentres todas as cidades galegas están a reforzar os servizos sociais, nomeadamente o voluntariado activo, en Ourense “desmantélase vía decreto”.
Dende o grupo municipal socialista pregúntanse que vai que vai pasar coas actuacións de servizo á cidadanía que levaban a cabo os voluntarios e voluntarias e coas convocatorias de actividades ou o voluntariado por mor da Covid, e esixen que o alcalde dea explicacións públicas dos motivos polos que tomou a decisión de clausurar este espazo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
"QUERO SER INVESTIGADORA"
Podcast | Fóra dos laboratorios da UVigo tamén hai investigadoras sen bata
HORIZONTE DE INCERTIDUMBRE
Ourensanos con plaza en Justicia siguen sin tomar posesión del cargo
184 CASOS POR CADA 100.000 HABITANTES
Ourense, a la cabeza española en prevalencia de casos de esclerosis múltiple
Lo último