CENSO ELECCIONES GENERALES
Galicia aporta 2,7 de los 38,7 millones de electores totales de España
O grupo socialista lamentou onte a actitude do goberno municipal ante o “abandono” o no que ten sumido o Espazo Lusquiños dende hai máis dun ano e medio. “Trátase dunhas instalacións ás que lle temos especial aprezo, non o podemos negar, e que supoñían unha oportunidade para a xuventude da cidade que atopaba entre as súas paredes un lugar para o ocio e a formación”, afirmou a voceira socialista no Concello, Natalia González.
Onte mesmo, a portavoz do grupo e secretaria xeral do partido na cidade e a edil Alba Iglesias –así como integrantes de Xuventudes Socialistas– mantiveron un encontro coa mocidade do movemento “Free Lusquiños”, que vén reclamando a reapertura do edificio para que os grupos de música teñan onde ensaiar. Neste senso, aproveitaron para trasladarlles o seu apoio e disposición para todo o que precisen, así como agradecer o labor que están a facer exercendo de revulsivo da sociedade.
“A aposta de Jácome e o seu equipo pola xuventude é nula. Temos solicitado en múltiples ocasións que se convoque o Consello da Xuventude e que se escoiten as necesidades, demandas e ideas da xente nova mais con escaso éxito. Tampouco se ofertan máis que orquestras e a carteira municipal correspondente carece de actividade. Non entenden que a mocidade ten máis inquedanzas que as charangas”, explicou a portavoz.
O grupo “Free Lusquiños”, ademais, foi vetado polo alcalde e non poderá actuar o día 15 de xullo no Paseo, como estaba previsto.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CENSO ELECCIONES GENERALES
Galicia aporta 2,7 de los 38,7 millones de electores totales de España
CENSO ELECCIONES GENERALES
Ourense encara el 29-N con récord de voto exterior y la juventud en mínimos
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
Lo último