EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
agricultura
O grupo parlamentario do PSOE presentou unha iniciativa, no Parlamento Galego na que insta a Administración a adoptar medidas para frear a progresión da praga da "polilla guatemalteca", que está a afectar a prantacións das provincias de Lugo e A Coruña e impedir que chegue as grandes zonas productoras, como é o caso da comarca da Limia.
O portavoz socialista de Agricultura no Parlamento galego, José Antonio Quiroga, presentou varias iniciativas parlamentarias, coas que reclama "un plan de actuación e axudas para os afectados e información para todos". Quiroga denuncia a"miopía institucional" diante desta praga e critica a lentitude administrativa, que "é a mellor axuda" para unha especie invasora agresiva como esta.
O portavoz socialista chama ao Goberno galego a que "tome a bandeira da loita contra esta especie, diante da pasividade do Executivo central". Por iso, reclámalle que poña en marcha un plan de investigación coa Universidade e os centros de investigación que considere oportuno para desenvolver medidas axeitadas para controlar e erradicar a praga.
Consello Agrario
O Sindicato Labrego Galego (SLG) anunciaba, pola súa parte, que incluirá este problema na orde do día do Consello Agrario Galego, convocado para o próximo 14 de febreiro. Considera o SLG que a Consellería de Medio Rural "segue de brazos cruzados nun problema que xa afecta aos cultivos de pataca de 31 municipios" a censura "a confusión total" que está a xerar a súa pasividade á hora de abordar este problema.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
DÍA CONTRA EL CÁNCER
La Unidad del Dolor del Hospital de Ourense atiende 300 casos oncológicos al año
SIETE DÍAS EN LA AUTOVÍA
Nuevo corte de la tractorada en la N-525, mientras sigue el de la A-52
Lo último