MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
CULTURA
A Deputación de Ourense presentou o número 51 da revista Raigame, editada dende o ano 1995 coa intención de por en valor a cultura popular tradicional.
Distribuíndose de forma gratuíta entre os 92 concellos da provincia e en máis dun centenar de centros educativos, así como bibliotecas, museos, universidades, entidades e colectivos culturais; trátase esta dunha iniciativa que naceu para continuar o traballo etnográfico de Xaquín Lorenzo e manter a traxectoria indicada polo investigador ourensán.
No acto de presentación que tivo lugar onte, o vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, situou esta revista como “unha das publicacións senlleiras na defensa do noso patrimonio material e inmaterial”. Unha publicación cun obxectivo que, segundo o seu propio director, Xulio Fernández Seara, procura “recuperar, conservar e catalogar tradicións, divulgándoas e facéndollas chegar ás novas xeracións para que as manteñan”. De feito, anunciouse que para o vindeiro número, será a figura de Castelao quen protagonice a revista en forma de monográfico.
Cumpríndose en 2024 os 50 anos do pasamento de José Suárez, Raigame recolle no seu último número a figura do fotógrafo, da man de Xosé Luis Suárez Canal e de Mercedes Rozas, que viaxan polas exposicións do falecido en forma de artigo.
Ademais da distribución da revista Raigame nos concellos e no circuíto cultural, todo aquel que queira facerse cun exemplar pode solicitalo nas oficinas do CCP Xaquín Lorenzo e no Servizo de Publicacións da Deputación de Ourense.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
CONATO EXTINGUIDO
Vídeo | Se desata un incendio forestal en una cantera de Untes
Lo último
La Región
Ceuta: Cárcel En una tierra africana
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este martes, 4 de agosto
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 4 de agosto
ARCHIVO SIN PREJUICIO PATRIMONIAL
Cuentas archiva la denuncia del PSOE por la gestión de la Sanidad madrileña