EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
SINDICATOS - OURENSE
Cales son as principais características deste programa?
O obxectivo principal é elaborar unha resposta atractiva que sexa capaz de resolver as expectativas da clase obreira galega, da man dun proceso de renovación importante que chegará a un 70% da actual executiva. Entendemos que hai unha xeración, a que temos pais e temos fillos, que temos a obrigación de facernos cargo do que hoxe precisan os sectores produtivos e Galicia, tendo en conta que a nosa Comunidade é moi diversa e precisa de análise e respostas muy distintas segundo as zonas.
Nese sentido cales son os problemas de Ourense?
Temos bastante identificados cales son os problemas de Ourense, empezando por un escenario político moi instalado no clientelismo, uns actores do mundo empresarial e intelectual que non aparecen e deben comprometerse, e, por outra banda, Ourense debe desacomplexarse, non está sendo capaz de captar inversione nin de localizar novos sectores produtivos. E a súa cidade de referencia debe liderar o resto da provincia.
Que pode dicir da unidade sindical?
Será unha das nosas prioridades. Estase acabando o tempo das escusas de cara a esa unidade sindical, hai que atopar todos eses puntos de encontro entre as tres forzas sindicais maioritarias, CCOO, UGT e CIG, para construír un escenario de unidade estable que responda ás necesidades da clase traballadora, que non está tendo a mellor resposta desde o mundo sindical, precisamente por esa falta de unidade en Galicia. Nese obxectivo estamos completamente comprometidos, en facer unha oferta as outras forzas sindicais sustentada non só no eslogan senón que esté sustentada en compromisos concretos e que as manifestacións dos próximos Primeiros de Maio sexan conxuntas das tres centrais sindicais.Este proceso empezámolo con dúas candidaturas e dende hai tres semanas estamos nun escenario de acordo sindical en torno a miña candidatura, xa que a outra candidata, Maica Bouzas, hai tres semanas que incorporouse neste proxecto colectivo, onde hai moita xente e que foi ampliamente avalado pola xente de todo o territorio, algo que para nós é moi positivo. Por outra banda, o apoio das organización sectoriais foi tamén moi importante para dar máis potencia a esta candidatura no plano político, organizativo e sindical. Este equipo está moi comprometido en facer unha auténtica transición y revolución na formación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
Lo último