🏀 DIRECTO
Fuenlabrada-COB

A rede de polos de emprendemento veu 550 proxectos en Ourense

ECONOMÍA

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou onte en Ourense na xornada Impacto positivo e emprendemento, organizada no marco da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, para avanzar na integración da sustentabilidade nas distintas empresas.

Foto de archivo de panorámica do polígono de San Cibrao.
Foto de archivo de panorámica do polígono de San Cibrao.

Alí, destacou que a Rede leva atendido uns 2.900 proxectos emprendedores en toda Galicia, dos que arredor de 550 se localizan na provincia ourensá e, deles, preto de 400 son iniciativas titorizadas nos centros do Carballiño e Verín.

Os asistentes tiveron a oportunidade de coñecer casos reais de negocios con boas prácticas de sustentabilidade, en concreto, un proxecto de elaboración de viños artesáns e de viticultura sostible. A través desas experiencias, o evento busca establecer conexións e sinerxias entre as persoas interesadas en iniciativas de impacto positivo.

Mariño salientou a necesidade de crear riqueza e ao mesmo tempo fixar poboación “vertebrando o noso territorio”. No caso da provincia de Ourense, destacou que se roldan xa as 1.500 sesións de titorización para sacar adiante distintos proxectos no marco da Rede de polos, que conta -ademais de cos centros do Carballiño e Verín- cos do Barco de Valdeorras e Baños de Molgas.

Contenido patrocinado

stats