SUBEN LOS PRECIOS
La vida en Ourense es un 25% más cara ahora que hace cinco años
A Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia vén de publicar o listado provisional de persoas admitidas e excluídas no programa de Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior 2024/25, BEME, polo que se interesaron centos de galegas e galegos universitarios do exterior. Estas bolsas permiten realizaraos galegos universitarios do exterior un máster nunha das tres universidades galegas. As solicitudes chegaron dende tódolos continentes.
As persoas excluídas disporán dun prazo de cinco días hábiles para que acheguen os documentos que se lles requiren. Transcorrido este prazo sen que se achegue dita documentación, considerarase que a persoa interesada desiste da súa petición.
A presentación da documentación que se lle require deberá realizarse de forma electrónica a través da aplicación informática establecida nesta convocatoria de bolsas no apartado de “subsanación”, na páxina web da Secretaría Xeral de Emigración.
Estas bolsas destínanse a galegas e galegos universitarios residentes fóra de Galicia dende fai máis de dous anos ou descendentes de cidadás e cidadáns galegos con titulación superior que desexen realizar un dos estrados que ofertan a UVigo, a USC e a UDC en calquera dos seus campus.
O obxectivo destas bolsas é que estas mozas e mozos poidan completar a súa formación universitaria, o que lles podería permitir quedar a traballar e vivir en Galicia.
A bolsa, cuxo importe vai dos 8.000 aos 12.500 euros (segundo a persoa beneficiaria proceda de Europa ou do resto do mundo e segundo o número de créditos a realizar), destínase a cubrir os gastos de matrícula, viaxe, aloxamento e manutención na Galicia territorial.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SUBEN LOS PRECIOS
La vida en Ourense es un 25% más cara ahora que hace cinco años
BAJÓN EN EL COMERCIO EXTERIOR
El caos arancelario de Trump le cuesta seis millones al comercio ourensano en exportaciones
Lo último
COYUNTURA ECONÓMICA
Venezuela creció un 8,66% en 2025 pese al bloqueo de Estados Unidos
LOVE OF LESBIAN O DUNCAN DHU
Festival de música | Ouren Sound Fest