ROBOS DE COBRE
A la caza del “oro rojo” en Ourense
CULTURA
Os restos do ilustre galeguista ourensán Rodolfo Prada Chamochín chegarán hoxe á provincia para quedar para sempre, como foi o seu desexo en vida, e como pediu hai unhas semanas a súa neta, María Elena Prada, grazas ás xestións realizadas pola Deputación de Ourense durante a pasada semana na viaxe institucional a Arxentina e Uruguai.
Este insigne galeguista, nado nos Peares en 1892 e finado en Bos Aires en 1980, foi o gran valedor de Castelao na Arxentina e o seu albacea testamentario, ademais dun referente do galeguismo e o artífice de unir as asociacións de emigrantes daquela: os centros ourensán, pontevedrés, lucense e coruñés, converténdose en presidente do Centro Gallego de Bos Aires. Destacou pola súa implicación co Partido Galeguista e, previamente, a súa afiliación ás Irmandades da Fala, en 1917.
A neta estará hoxe na recepción dos restos na Deputación, xunto a representantes de entidades culturais de Ourense e Galicia, ademais do Partido Galeguista, organización na que militou.
Incialmente, os restos de Chamochín estarán no salón de pleno do Pazo Provincial, se ben se está a preparar a antiga biblioteca da Deputación para efectuar o seu traslado a ese espazo.
"Fixemos o que nos encomendou a súa neta. Cumprimos. Rodolfo Parada descansará en Ourense, na súa Galicia amada. Esa era a súa vontade cando se deran dous condicionantes: a democracia e contar Galicia cun goberno de seu", sinalou o presidente da Deputación, Manuel Baltar. Con ambos preceptos cumpridos, o goberno provincial vén de dar ese paso.
"Será unha data histórica para Ourense. Un patriota como Rodolfo Prada, activista cultural e político como poucos, o gran protector e avalista de Castelao volta a Ourense. Será recibido con todos os honores e poderase achegar que queira durantes as próximas semanas a renderlle homenaxe", concluíu Baltar. n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ROBOS DE COBRE
A la caza del “oro rojo” en Ourense
PUNTOS CRUCIALES
Imágenes aéreas | Un recorrido aún sobre plano
UNA VIDA DE COLECCIÓN (XXI)
La vida contada en papel
Lo último