EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
ENTREVISTA
O historiador valdeorrés Ricardo Gurriarán presentou no Colexio Médico o seu novo libro, "Fernando Alsina e o seu diario de guerra", obra que dá testemuño das vivencias dun dos intelectuais e cirurxiáns máis notables da Galicia de comezos do século XX. O libro recolle os comentarios de Gurriarán sobre un diario inédito dun enorme valor histórico.
Quen é a persoa trala figura de Fernando Alsina?
Foi unha persoa moi coñecida en Compostela como docente universitario, fundador do coñecido sanatorio santiagués de San Lorenzo, foi alcalde e tivo as mellores consideracións coma cirurxián da primeira metade do século XX. Era un home dunha certa complexidade, tanto no público coma no persoal, sobre o que case non se traballara nada. Daquela, aparecera un diario de guerra sobre o que se me pediu un comentario. Malia que era unha persoa conservadora e ferventemente católica, este é un documento moi ponderado, que recollía feitos coma o bombardeo da catedral de Sigüenza pola Lexión "Cóndor" alemá, sobre o que non se coñece practicamente nada. El tamén apoiou un manifesto intelectual ao Estatuto do 33 e curou ao guerrilleiro Foucellas dunha ferida de bala na perna; foi represor e reprimido.
Pódese entender este diario coma un documento histórico?
É un documento histórico de incalculable valor, tanto o escrito pola súa man coma as 40 fotografías da Guerra Civil que apareceron canda el, que completan unha faciana moi interesante do conflito.
Como desenvolveu o seu labor de comentarista deste documento?
Analicei o diario e tentei contextualizalo, tanto no desenvolvemento da Guerra naqueles momentos coma aclarando determinados puntos que el daba por supostos, coma nas persoas; leva un índice onomástico de 500 nomes. É un relato moi concreto dunha vivencia persoal nun período histórico importante, e así como temos documentos dos perdedores, é unha achega relevante ao seren do outro bando.
Puido obter algún testemuño dos seus descendentes?
Non, xa que Alsina faleceu a comezos dos 50. Só quedaba viva unha persoa que o coñecera, unha nora que supera os 90 anos e que ten moi poucos recordos. Si puiden falar con algún discípulo seu, dos últimos anos nos que impartiu docencia, coma o catedrático de Pediatría José Peña, que dixo que a súa escola era impresionante. Polo tanto, é unha mágoa non poder resolver misterios como por que se presentou a unhas oposicións aos 60 anos.
Como describiría o oficio de cirurxián de guerra?
O que se atopaban maioritariamente na fronte eran amputacións e feridas de guerra, basicamente. El describe certas operacións cirúrxicas, e hai un episodio no que dá conta de 48 horas seguidas no quirófano. Recomendo aos profesionais que se acheguen á lectura deste libro, porque recolle o labor dunha persoa nunha circunstancia como é a Guerra Civil que merece a pena botarlle unha ollada.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
DÍA CONTRA EL CÁNCER
La Unidad del Dolor del Hospital de Ourense atiende 300 casos oncológicos al año
SIETE DÍAS EN LA AUTOVÍA
Nuevo corte de la tractorada en la N-525, mientras sigue el de la A-52
Lo último