Río súmase ao magosto e samaín con música e varias actividades
TRADICIÓN
A Asociación Cultural Río Mola, en colaboración co Concello de San Xoán de Río, organiza hoxe sábado, e ás 17,00 horas, unha gran festa de Magosto e Samaín no pavillón municipal.
A celebración incluirá concertos a cargo de Loro e Eric Dopazo, así como actividades para todas as idades, como o tradicional truco ou trato para os máis pequenos e un concurso de postres.
Os asistentes poderán degustar castañas, chourizo, panceta e bica a un prezo de 2 euros. Ademais, todos aqueles que leven a súa cabaza recibirán un premio especial.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último