Rochi Nóvoa: "Punk-dereta 40 é un poemario dunha voz feminina na pandemia"
Rochi Nóvoa lanza “Punk-dereta 40”, un poemario en galego, gañador do certame literario O Corcel Negro
Cun xogo de palabras entre unha música que a identifica por rebelde como é o punk, a pandeireta como instrumento típico do seu natal Galicia e o número 40 relativo á súa idade, Rochi Nóvoa Vázquez lanza “Punk-dereta 40”, un poemario en galego, gañador do certame literario O Corcel Negro, e que “está concibido en pandemia por unha voz feminina”.
Non é casual que o libro -con ilustracións de Chus Láuzara, Vitoria Illch, Bibiana Fernandez e da propia Rochi, e con fotografía de Emilio Romanos-, apareza case en coincidencia co Día Internacional contra a Violencia contra a Muller, que se celebra cada 25 de novembro.
Hai dous ingredientes que conflúen neste poemario: a pandemia e a muller violentada. Como consecuencia, este agravamento da violencia e o consecuente agravamento do silencio da violentada por estar illada. “Día tres do recollemento / as espiñas comezan a cravarse cara dentro / tragar é unha dificultade engadida”.
Como se xestou “Punk-Dereta 40”?
Escribino durante a pandemia por unha voz feminina que foi atravesando diversas etapas. Un estado de alarma adóitanos facer máis vulnerables, o que, sumado ás limitacións impostas e á incerteza que nos rodea asociada á falta de control, xera unha fatiga mental difícil de poder manexar e mesmo soster para algunhas persoas dependendo da situación familiar vivida. Case todos os países estableceron o confinamento por máis de tres meses, afectando gravemente á economía e á saúde psicolóxica da poboación mundial. Despois das fases máis intensivas das epidemias en cada país, con cautela, foron reabrindo os sectores económicos máis prioritarios, no medio de cifras enormes de desemprego e dificultades económicas que se combinaron cos problemas sanitarios e as alteracións psicolóxicas derivadas de todo iso.
Ten especial relevancia no libro o feito de ser unha muller vivindo unha pandemia?
Punk-dereta quixo representar a introdución desordenada á poesía vivida durante a corentena. Pensándome muller, sentindo empatía coas persoas que non correron a mesma sorte dende a tranquilidade, emoción, mal trato, esquizofrenia. Tentei debuxar a tranquilidade no caos sen que concluíra o estado de alarma. O libro está adicado especialmente a tódalas mulleres que soportan esta carga.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Solo quedó el silencio
LUCHA POR RECONTRUIR
Barro en las calles de Viana, recuerdos bajo tierra y una normalidad aún lejana
nueva economía
La IA abre una nueva carrera por financiar centros de datos