A rúa do Instituto
OURENSE NO TEMPO
Poucas ou ningunha ata hoxe, son as fotografías antigas que teño da que no seu día foi unha das rúas máis comerciais da cidade.
Poucas ou ningunha ata hoxe, son as fotografías antigas que teño da que no seu día foi unha das rúas máis comerciais da cidade. Se o amigo Arturo Vispo animouse a presentar o seu excepcional traballo sobre a rúa dos Zapateiros (perdón! rúa dá Paz), el mesmo (calidade e lembranzas sóbranlle) ou algún outro amigo debería animarse a rememorar a vida da rúa do Instituto.
Permitídeme que eu faga un adianto do que me gustaría ler de mans dun autentico profesional:
A Historia
Froito do primeiro ensanche da cidade, nace esta estreita callejuela. Os seus primeiros ocupantes, do mesmo xeito que a paralela Arcediagos (Gloria), foron xente de Igrexa e de clases medias da cidade; sábese da existencia dun vello forno de pan, e pouco máis en canto a negocios.
Conta a historia que nela obrigouse a residir á comunidade xudía, os anos antes da súa expulsión; descoñezo si porque nela estaba situada a sinagoga, ou esta erixiuse eiquí porque se lles concentrou na zona.
O seguinte fito histórico fálanos da instalación dos Xesuitas a mediados do século XVII, que construíron o edificio do que foi seminario, e a actual igrexa de Santa Eufemia. Uns cantos anos antes (case 100, pero é que en historia iso non é moito) edificouse o máis belo edificio que se conserva, o pazo de Oca Valladares (actual Liceo).
Ese edificio dos Xesuitas, tivo que compartilo o Seminario co Instituto durante uns incómodos cursos académicos (incómodos polas estreiteces). Ese é precisamente o motivo de que a rúa chamásese do Instituto, aínda logo de haberse trasladado este centro académico ao seu novo edificio no Posío. Neses anos -comezos do século XX-, creo que se obtivo a fotografía que hoxe vos ensino.
Os Negocios
Profundar nestes datos históricos, é aderezalos con vivencias da vida cotiá, como rememorar a pastelería do Macarrillo, o a tenda de ultramarinos de Gustavo Valencia (o lado do Liceo, no nº 9) antes do seu paso na Praza Maior, sen olvidar a competencia que supuña don Alfonso Román ca sua tenda Al Paraíso (Instituto, 8). A decir verdad non competían seriamente, xa que mentras o Valencia era máis de fresco e horta, Al Paraíso traballaba chocolates, embutido e licores.
De paso obligado era visitar o escaparate da sombrerería do Malleira (nº 3), o do Barato (nº 12) e da Palma (nº 6) , a paquetería do Lameiro (nº 18), ou a do Carballo (nº 10), a dos Chantada ou García (nº 5); contemplar as novidades na Electra de don Pío Príncipe (na esquina de santa Eufemia), recordar ao bo de Mosquera na entrada da súa zapatería; pescudar se o café Méndez Núñez de verdade estivo en fronte do Instituto; ver as revolucionarias maquinas de coser da casa Singer, as armas e os instrumentos musicais de Pascual, e tantas e tantas historias que encerran estas pedras. Ah! esquecíame de que A Mariposa resiste os embates do tempo cos seus exclusivos artigos para os ourensáns do futuro.
Algun día teremos que facer un traballo máis serio, que nos axude a evitar as discusións lóxicas que promove o feito de que a maioria dos baixos ao longo da historia tiveron outros negocios. Pero polo de agora ide xuntando estes cos que tedes nas vosas cacholas; ¿non vos soa?: Genola, cas súas favorecedoras faixas de ballenas; a reloxería do Barbosa; a pastelería de Tomás Aparicio (que hoxe lembramos como de Milhojas e antes do citado Macarrillo); a camisería La Ideal, de Aquilino Ferreiro; La Modernista, La Moda, El Derroche, El Primor... unha longa lista de nomes que a cada xeneración suxirenlle diversas lembranzas: a farmacia do doutor Vidal, o do X2, que logo pasou as mans da familia Barja, a xoiería de Ángel, etc.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
REGRESA LA CITA
Concentración Motera de Verín
CAMBIOS EN LA CIRCULACIÓN
La A-52 permanecerá cortada en sentido Madrid a la altura de O Padornelo por trabajos de asfaltado
OPERACIÓN EMPRESARIAL BAJO LUPA
La empresa del novio de Ayuso facturó 4,4 millones a Quirón entre 2021 y 2023, según un informe de la UCO
RECOMENDACIONES PARA LOS VIAJEROS
Cambian los horarios de trenes en A Coruña desde el 11 de julio por las obras de la nueva estación