BUM DE JUBILACIONES
La mitad de vacantes por jubilación en Ourense no tendrán repuesto juvenil
ARTE ET ALIA
Percorreu Manuel Sendón preto de 1.300 quilómetros polo litoral galego, para facer esta exposición. Foron trinta e unha saídas realizadas durante 2014 e 2015 dende Ribadeo a Tui, a pé e coa bicicleta, unha experiencia sensorial e física ata os límites costeiros de Galicia. E coa súa cámara rexistrou as imaxes que trae á Galería Marisa Marimón, unha das mostras inauguradas co gallo do Outono Fotográfico, do que aínda colean outras que están a concluír súa exhibición.
As etapas entre aqueles emprazamentos do territorio centráronse en Foz, Area, Espasante, Bares, Cedeira, Cobas, Ferrol, Penedo, Miño, A Coruña, Caión, Malpica, Corme, Laxe, Camariñas, Muxía, Sardiñeiro, Muros, Noia, Aguiño, Cespón, Illa de Arousa, Vilalonga, Sanxenxo, cabo Udra, Cangas, Arcade, Coruxo e A Guarda: é esta unha escolla nada casual, ou si, con pretensión de abranguer uns límites terrestres á vista das augas ou o rumor delas nos ouvidos, polo norte e oeste mariño ata as augas doces do Miño. Xurde así un perfil que se adapta ao do mapa de Galicia, que inclúe na sala, como tamén a bici, un tránsito en dúas rodas ou a pé, mais sempre co seu esforzo, sistema xa utilizado en "Mil Ríos", un proxecto feito en canoa con Fran Herbello. A de agora, ‘Perimetrada’, foi anticipada en Xaneiro do ano pasado na colectiva ’Camiño de volta’, na Casa da Parra. Trátase dunha experiencia física, e tamén técnica, co gusto de contemplar fotos limpas case sen posprodución: unha toma de postura consciente como tamén a descrición dun territorio, e nese hábitat as pegadas, torres, faros, camiños e corredoiras, as súas propias rodas e pasos, un paisaxismo sui xénere, no que está John Berger, o gran ensaísta que morreu estes días, que ensinou a ver a tantos, e a apreciar a fotografía. Así tamén na exposición ‘Espantallos’ no Museo Municipal, o pasado Outono Fotográfico, na que introduxo o movemento co zoar do vento.
Nós vemos neste espazo protagonista para Manuel Sendón un intramundo, un non-lugar que conecta o mundo sensible e o mundo espiritual, o mundo no que os corpos espiritualízanse e as almas toman corpo. Este entender a terra dende a fotografía é algo que leva facendo Manuel fai tempo, caso de "Imaxes na penumbra. A fotografía afeccionada en Galicia (1950-1965)", a súa tese de doutoramento, publicada por Xerais a finais dos noventa. Mais nestes anos do novo milenio, en que pasamos da fotografía analóxica á dixital, e súbense á net tantas imaxes por hora que xa non hai tempo de ollalas, estanse a esvaer os seus valores tradicionais de verdade, memoria e arquivo, sendo que a fotografía máis que manifestar o acontecemento o que se desexa é constatar que estamos presentes. Esta é a opinión de Joan Fontcuberta, Premio Internacional Hasselblad 2013, o Nobel da Fotografía. Esta aposta pola fotografía de Manuel Sendón, tamén curator, é paralela á de Marisa Marimón. quen celebra con esta mostra, desde finais do mes de novembro, o seu XXII aniversario. Il, con Eva Díez, Xabier Toubes, Mauro Trastoy, Tamara Feijoo, Iván Prieto e Seara despídenos dende os seus escaparates.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
BUM DE JUBILACIONES
La mitad de vacantes por jubilación en Ourense no tendrán repuesto juvenil
PERSONAJES DE LA EMIGRACIÓN ESPAÑOLA EN FRANCIA
Antonio Rodríguez Castiñeira: “Soy español, soy gallego y soy emigrante”
RÉCORD DE TRABAJADORES
Los extranjeros asumen dos de cada tres nuevos empleos en Ourense
Lo último
MÁS COOPERACIÓN TRANSFRONTERIZAS
Bruselas ve en el hantavirus señal de brotes más frecuentes e intensos