O santiagués Alberto Ramos acada o premio Vicente Risco
premio
A obra gañadora, "A simetría das bestas", levará 6.000 euros e terá unha tirada de 150 exemplares
O Concello de Ourense e a Fundación Vicente Risco decidiron outorgar onte o Premio Risco de creación literaria a Alberto Ramos, pola súa obra "A simetría das bestas". O premio para a obra gañadora é de 6.000 euros en metálico ademais da publicación de 150 exemplares.
O xurado, reunido no Liceo, deliberou entre as dezaseis obras presentadas. Estivo composto por Belén Iglesias Cortés, concelleira de Cultura, que exerceu como presidenta; David González Domínguez (representando á editorial Urco), Benigno Yáñez Pérez (gañador da edición anterior), Constantino Pazos Sobrino e Antonio González Blanco (profesores de Ensino Secundario), ademais de Ánxela Gracián (escritora e crítica literaria) como vogal e Mónica Fernández Valencia, técnica do Servizo de Normalización Lingüística, actuando coma secretaria.
A obra gañadora da edición deste ano é un libro de corte filosófico, onde, segundo o fallo do xurado, "concédese un espazo de dignidade aos outros, aos diferentes, aos marxinados". O xurado destaca do autor o "seu simbolismo e moi bo manexo dos recursos narrativos, así como personaxes moi ben construídas".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy, miércoles, 28 de enero
SE DUPLICA EN ESPAÑA
Ourense esquiva, con cero casos, el repunte del sarampión
Lo último
DAÑOS EN ESPACIOS PÚBLICOS
Cae el grafitero “Alkis” tras 21 pintadas en Xinzo de Limia
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Bajo la bota: la Gestapo de Trump
RENOVACIÓN DE CARA A LAS ELECCIONES
El PP arranca 2026 ultimando cinco nuevos congresos locales de Ourense