Sara Vila, ganadora del Premio Eduardo Blanco-Amor: “É un orgullo levar o Blanco Amor de novela”
A xornalista pontevedresa Sara Vila gaña o premio máis veterano da literatura en galego
A xornalista e escritora pontevedresa Sara Vila Alonso (As Neves, 1989) é a gañadora do XLII Premio de Novela Eduardo Blanco-Amor, pola súa obra “O Incendio”. Así o acordou onte o xurado do certame, reunido no centro cultural Marcos Valcárcel, que escolleu a obra gañadora de entre un total de 21 orixinais presentados. Organizado pola Fundación Eduardo Blanco-Amor coa colaboración da Deputación, o premio está dotado con 15.000 euros, a publicación do libro e unha peza artística do escultor Acisclo Manzano. “É un orgullo levar un premio co nome de Blanco Amor”, di a autora, que coñeceu o fallo a través dunha chamada de Luis Menor, presidente provincial.
Vila é xefa de comunicación da editorial Xerais e esta será a súa segunda novela, despois de “Oito días sen Eva Cortés”, unha primeira incursión literaria coa que gañou en 2021 o Premio Illa Nova de Narrativa, convocado pola editorial Galaxia. “Creo que os premios nun sistema como o galego son moi importantes, porque nos custa chegar aos lectores en galego. É importante o apoio das institucións”, sinala. A escritora lembra que o Blanco Amor de Novela o gañaron anteriormente nomes como Marilar Aleixandre ou Xesús Fraga, que tralo galardón ourensán, ambos foron recoñecidos co Premio Nacional de Narrativa.
O xurado destaca da obra de Sara Vila “o tratamento desprexuizado” do acoso escolar e sexual, así como das relacións familiares. Desde a perspectiva da protagonista (unha muller que relata a súa adolescencia) e cunha voz poderosa e crúa, sinala a acta, a obra achégase a un “universo adolescente e rural que foxe da mitificación a través de personaxes ben construídos, realistas e coherentes”. A autora engade que a novela ten unha protagonista adolescente que dá os seus primeiros pasos, en paralelo á senectude da súa avoa. “Vai vendo como a súa avoa se vai apagando, nun contexto rural moi abandonado e illado”.
O xurado, que destacou a calidade literaria dos traballos presentados, estivo presidido por Luis González Tosar, en representación da Fundación Blanco-Amor, e integrado por Xosé-Henrique Costas González, catedrático de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo; Maite Jiménez Pérez, catedrática de Latín e tradutora; César Lorenzo Gil, xornalista, editor e escritor; e Inmaculada Otero Varela, filóloga e ensaísta galega.
O Premio Eduardo Blanco-Amor é o galardón máis veterano e de maior prestixio da novela en lingua galega.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INFORME AUTONÓMICO
A Saínza aspira a ser de interés turístico nacional
EDUCACIÓN SANITARIA
Tres farmacias forman a las mujeres sobre salud en Ourense
Lo último
PREVENCIÓN DEL SUICIDIO
El Gobierno aprueba la creación del Observatorio para la Prevención del Suicidio
Tensión en el Pacífico
Japón despliega por primera vez misiles de largo alcance frente a las costas de China
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Ourense brilló en MasterChef?