MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
A saúde e os seus profesionais serán os grandes protagonistas da semana en Barbadás e Pereiro. Onte foi a presentación da terceira edición do Paseo da Saúde en Barbadás, que se desenvolverá o xoves na rotonda da Familia, mentres que no Pereiro inaugurouse a seguna edición da Semana da Saúde, con música de María do Ceo e unha primeira conferencia no Centro de Día dos Gozos, ubicación na que se van desenvolver todas as actividades.
O obxectivo en Barbadás é “dar a coñecer o traballo fundamental, e tantas veces esquecido, das asociacións que loitan por axudar a persoas enfermas de diferentes patoloxías e ás súas familias”. Elisabet González, concelleira de Saúde, explicou que as quince asociacións que traballan por diferentes patoloxías e que se unen á iniciativa contarán con diferentes carpas nas que darán a coñecer o seu labor. “Estarán con todos nós para ofrecernos información, obradoiros didácticos e interesantes para toda a poboación, polo cal quero convidarvos a todos e todas para que vos acheguedes a coñecelas”, afirmou.
En concreto, as entidades que se suman ao Paseo da Saúde de Barbadás son: Afaor, Alcer, Auria, AECC, Aodemper, Por Eles TEA, Affou, Accu, Querendo, Autismo Ourense, Asociación de Celíacos de Galicia, Renacer, AFEM-Morea, Aseia Galicia, Fundación Neuroburgas e o equipo de atención primaria do centro de saúde. Ademais, dende a primeira hora da mañá, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello acompañará aos nenos dos colexios que participarán en obradoiros de primeiros auxilios, aos que poderá unirse a cidadanía. Trátase dunha xornada de portas abertas para coñecer un pouco máis o seu traballo.
Onte foi o primeiro día da Semana da Saúde do Pereiro. Ademais da presentación oficial e da actuación musical de María do Ceo, celebrouse un faladoiro cos tres farmacéuticos do concello, que explicaron aos asistentes todo aquilo que estes profesonais poden facer e fan por eles.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
CONATO EXTINGUIDO
Vídeo | Se desata un incendio forestal en una cantera de Untes
Lo último
RESPONSABLE DE LA WEB DEL DSN
El Gobierno cesa a un cargo del Departamento de Seguridad Nacional tras publicar la cifra de entradas a Ceuta