A sede do PSdeG ourensá é un espazo libre de LGTBIfobia
Política
Thais Santos, secretaria de organización da agrupación e coordinadora LGTBI das XDG, destacou a "necesidade destes espazos ante as agresións e persecucións que sofre este colectivo a pesar do avance nas políticas nos últimos anos"
Xunto con cargos orgánicos do PSdeG, as Xuvetudes Socialistas de Ourense realizaron este mércores un acto para reivindicar o Día Internacional contra a LGTBIfobia, que se celebra este xoves, 17 de maio.
Thais Santos, secretaria de organización da agrupación e coordinadora LGTBI das XDG, destacou a "necesidade destes espazos ante as agresións e persecucións que sofre este colectivo a pesar do avance nas políticas nos últimos anos", e reiterou a necesidade de que o sistema educativo conte "cunha materia de educación sexual como ferramenta" para loitar contra estes actos de "intolerancia".
Desde este mércores, a casa dos socialistas da cidade é unha "casa do ppobo, onde o odio queda fóra e as únicas diferenzas entre as persoas deben ser aquelas que non atenten contra os dereitos e liberdades fundamentais", explicou o secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Ourense, Xurxo Doval.
Este xoves ás 17,15 horas, no Centro de Interpretación As Burgas, haberá unha charla sobre a LGTBIfobia no seo da mocidade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TURISMO EN OURENSE
La provincia de Ourense logra un inicio de año turístico de récord
OURENSE "CAPITAL TERMAL"
El Senado avala la inclusión del termalismo en la sanidad pública
Lo último
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy, martes 26 de mayo