GUERRA POLÍTICA LOCAL
Taboadela y Barbadás chocan tras un obradoiro frustrado
FONDOS EUROPEOS
O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, visitou Taboadela, onde aproveitou para destacar a importancia do programa DUX 5.000 para “dar impulso ao desenvolvemento urbano sostible, en municipios do reto demográfico”. O Concello obtivo unha subvención de 868.623,16 euros para proxectos singulares locais de enerxía limpa, financiando o 100% dos proxectos que se levarán a cabo no municipio a través dos fondos Next Generation.
Santos e o alcalde de Taboadela, Álvaro Vila, aproveitaron a ocasión para subliñar que se trata dun proxecto de “gran calado” para o municipio e que permitirá impulsar medidas relacionadas coa “eficiencia enerxética” e promover a “sustentabilidade” no concello. Eladio Santos sinala que esta importante subvención “potenciará proxectos singulares de enerxía limpa, favorecendo a eficiencia enerxética en edificios e infraestruturas públicas, fomentando investimentos verdes e o autoconsumo, potenciando a mobilidade sostible e garantindo a participación de Taboadela no despregamento dunha infraestrutura de recarga e impulso do vehículo eléctrico”.
Vila Araújo, sinala que “se trata dun proxecto moiambicioso que conta con cinco puntos de actuación para mellorar a eficiencia enerxética a nivel municipal”. A visita do subdelegado do Goberno a Taboadela permitiulle tamén recoller as inquedanzas e necesidades do municipio para tratar de darlles solución.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GUERRA POLÍTICA LOCAL
Taboadela y Barbadás chocan tras un obradoiro frustrado
ROBOS DE COBRE
A la caza del “oro rojo” en Ourense
PUNTOS CRUCIALES
Imágenes aéreas | Un recorrido aún sobre plano
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este martes, 24 de marzo
CONCENTRACIÓN VECINAL
Mil firmas buscan soluciones en la avenida de Portugal
ELECCIONES ANTICIPADAS
Juanma Moreno convoca elecciones autonómicas en Andalucía el domingo 17 de mayo