EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Esta é a súa primeira convocatoria electoral despois de ser elixida voceira nacional do BNG, que obxectivos persoais se marca?
É un obxectivo colectivo e para min ten que ver con que o meu país avance, con que os galegos e galegas teñan solución a problemas que vimos arrastrando. Temos na punta dos dedos ter a chave da gobernabilidade do Estado. As enquisas din que non vai haber maiorías absolutas e cremos que está e unha oportunidade. Ter un representante do BNG, un, dous ou tres; garante a alternativa que defenda aos galegos os 365 días do ano e que pode ter a chave do novo goberno.
É tan difícil como pensaba mobilizar os cadros e militantes dende o cumio dunha organización?
Esto é un traballo onde hai persoas que por abaixo traballan en cada vila e en cada cidade e logo os que temos unha representación pública. Para min nada é fácil nin nada é difícil. En todo caso, é un reto colectivo polo que traballamos para que exista unha alternativa nacionalista que pode ser chave na formación do próximo goberno.
Sería un fracaso se o BNG non entra por segunda vez nas Cortes?
Imos facer todo o traballo que sexa preciso para que eso non se faga realidade. Existe moita xente decepcionada co que pasou nestes cinco meses, decepcionada porque viu moito teatro e pouca política de verdade. Despois de cinco meses Galiza foi unha espectadora, estivo muda, non tivo un papel relevante no Estado. Con eses bimbios, imos traballar para ter unha voz forte que defenda aos galegos e que mire polas cousas que pasan no noso país.
Nun escenario inzado de eleccións, a refundación do BNG estará rematada para as autonómicas?
É un proceso que ten os seus ritmos. O BNG é unha organización solvente, con capacidade para estar na oposición pero tamén para facer políticas transformadoras como demostramos dende os concellos e cando estivemos na Xunta. As políticas que primeiro desmantelou o PP foron as que puxera en marcha o BNG porque sabían que había un cambio real. Esa bagaxe é a mellor garantía coa que nos podemos presentar ás eleccións.
Vese pactando despois das autonómicas con En Marea e o PSdeG para evitar un terceiro mandato de Feijóo?
Levamos pactando durante trinta anos porque cremos que cando non hai maiorías o lóxico é que teñamos capacidade para escoitar. Dende logo, os galegos saben que o Bloque antepuxo a chegada a acordos antes que outro tipo de intereses. Nós temos a man tendida para construír unha alternativa ao goberno de Feijóo. Mais eso si, nun goberno onde non só teñen que cambiar as caras, tamén teñen que mudar as políticas.
Seguen latentes os atrancos do pasado verán que impediron a confluencia con En Marea?
Dende o BNG plantexamos unha confluencia de todos os galegos e galegas que se sinten nacionalistas porque ese é o espazo que vai permitir que se produza un cambio real. Un cambio que rache con centralismo que expolia os nosos recursos e coas políticas que queren desafiauzar as casas, a nosa lingua e a nosa cultura. Fronte ao desastre, os únicos que plantexamos alternativas ao acutal réxime somos os nacionalistas. Ese é o marco no que traballamos dende hai tempo e que foi decidido pola militancia. Esta foi a pregunta que máis veces respondín nos últimos tres meses.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
Lo último
TRAS LOS RESULTADOS EN LAS ELECCIONES
Dimite Gallardo, secretario general del PSOE de Extremadura, y una gestora se hará cargo hasta el próximo congreso
COMITÉ PROVINCIAL
Dimite la presidenta del CEP de Vox Ourense por "proyectos personales"
TRANSPARENCIA Y REGENERACIÓN
Las cinco propuestas del líder del PP, Alberto Núñez Feijóo, para "reparar institucional y moralmente a España"