EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
UNIVERSIDAD
A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus de Ourense celebrou onte o acto de entrega dos seus Premios TFG José Manuel Pérez Canal, nos que se distinguen os mellores traballos fin de grao do alumnado das diferentes titulacións que se imparten neste centro. Os primeiros premios foron para estudos sobre a avaliación da rendibilidade social do destino Ourense Termal e sobre a promoción turística do Camiño de Santiago en series de televisión.
Nesta XII edición dos premios houbo dúas categorías. No caso do Grao en Administración e Dirección de Empresas (ADE), o primeiro premio foi para o traballo “Desenvolvemento e validación dunha ferramenta para a avaliación da rendibilidade social en proxectos turísticos: aplicación ao destino Ourense Termal”, realizado por Iago Barreiro e Santiago Pérez coa titorización do profesor Diego Rodríguez-Toubes. A súa proposta céntrase no desenvolvemento dunha ferramenta innovadora para a avaliación da rendibilidade social de proxectos de investimento en turismo. “A ferramenta (TRL5), deseñouse para integrar e cuantificar un conxunto de variables relevantes, considerando os impactos económicos, sociais, culturais e ambientais das actividades turísticas”, sinalan os seus creadores.
Tamén se concedeu un accésit ao TFG “O acceso aos servizos bancarios na provincia de Ourense”, do alumno do PCEO Grao en ADE e Dereito Miguel Nogueiras e titorizado por Andrés Mazaira. Nel analízase a situación que experimentan os servizos bancarios en Ourense tras a redución de sucursais. Esta provincia, recóllese no estudo, “foi unha das máis afectadas polo peche de sucursais, o que xerou desafíos de accesibilidade bancaria, especialmente en municipios rurais”. Ademais, engádese nel, “a dixitalización transformou as transaccións bancarias, reflectindo un cambio no comportamento financeiro dos consumidores, aínda que tamén expuxo retos de inclusión financeira”. Outro accésit foi para o traballo “Estratexias de dixitalización no sector da moda”, de Sergio Martínez e titorizado por Diego Rodríguez-Toubes. Neste caso explórase “a profunda transformación que a dixitalización xerou na industria da moda desde un enfoque empresarial”, apuntándose como certas tecnoloxías, como a impresión 3D, o Big Data e o blockchain, están a transformar o sector, e como estas tecnoloxías “deben ser utilizadas para resolver desafíos cruciais, tales como a sostibilidade e a ética empresarial”.
Na modalidade do Grao en Turismo o primeiro premio foi para o TFG “A promoción turística de Galicia en series de televisión: narrativas de intriga e Camiño de Santiago como reclamo”, da egresada Sara Rial e titorizado por José Antonio Fraiz. Nel abórdase o poder das series de televisión no ámbito da promoción turística e a súa capacidade para potenciar o atractivo de destinos turísticos específicos. Concretamente, analízase a serie 3 Camiños “como un caso de estudo para comprender como as series de televisión contribúen de maneira significativa á promoción turística de Galicia”.
Igualmente concedeuse un accésit ao traballo “O potencial do oleoturismo en Galicia”, do alumno do PCEO Turismo e Historia Miguel Peña, titorizado por María Xosé Vázquez. Neste estudo sinálase que a “a demanda oleoturística galega caracterízase por nutrirse esencialmente do turismo interno galego” e que “o escaso número de persoas que realizaron oleoturismo en Galicia segundo a investigación realizada e a escasa asociación de Galicia como unha rexión produtora de aceite ocasiona que a demanda oleoturística galega aínda esta nunha fase inicial”.
O acto de entrega contou coa participación de Francisco Javier Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense; Montserrat Cruz, decana da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo; Rosendo Fernández, deputado de Representación Institucional ou; Marisol Novoa, presidenta da Confederación Empresarial de Ourense, entre outros.. Nas súas intervencións, destacaron como estes galardóns recoñecen o esforzo e o talento do estudantado e tiveron palabras de lembranza para José Manuel Pérez Canal, cuxa familia estaba presente.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
Lo último
PRIMERA FEDERACIÓN
Una victoria para terminar el año del Arenteiro
Miguel Anxo Bastos
Extremadura: la clave está a la izquierda
UNA VIDA DE COLECCIÓN (VIII)
Cuando lo importante es tirar y bailar bien