UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CONTENIDO PATROCINADO
O Xeodestino Trevinca-Valdeorras, formado pola Veiga, Larouco, O Barco de Valdeorras, O Bolo, Petín, Rubiá, Vilamartín de Valdeorras, A Rúa e Carballeda de Valdeorras, presentou onte no expositor de Galicia da Feira Internacional de Turismo, Fitur, a súa proposta turística “Terras que saben”.
A Deputación colabora co Plan de Sustentabilidade Turística de Valdeorras, “Roteiro Milenario”, que executa o GDR Valdeorras. O plan está financiado polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia a través dos Fondos Next Generation. O Inorde é o ente xestor do xeodestino que abarca este mesmo territorio, “polo que se trata dun exemplo de cooperación entre todas as administracións para traballar no desenvolvemento turístico dunha enocomarca que alberga hoxe unha das variedades de uva máis apreciadas no mundo: o godello que, sen dúbida, será o protagonista deste Roteiro Milenario”, explicou na presentación Rosendo Fernández, quen sinalou que a proposta que propón Valdeorras ten “un lema moi adecuado: ‘Terras que Saben’, pola dobre referencia ao sabor e saber que aúnan o valor enogastronómico e histórico do destino”.
A Deputación colabora no Plan de Sustentabilidade Turística de Valdeorras, “Roteiro Milenario”
Precisamente, a campaña presentada en Fitur vira ao redor da intención de representar aos viñedos e ás formas suaves e redondas da natureza local (montañas, ríos, vales...). Así mesmo, a páxina web foi renovada por completo de acordo aos atributos da nova marca optando polo dominio “.travel” que favorece o posicionamento en buscadores no ámbito do turismo e as viaxes: a partir de agora, poderán buscar todos os datos turísticos desta campaña en www.valdeorras.travel, dotada con contido de calidade profesional e que tamén inclúe un mapa interactivo con descrición e xeorreferenciación de cada un dos recursos e servizos turísticos do territorio dos nove concellos de Valdeorras.
Ademais, tamén se deu a coñecer o programa de experiencias ecosostibles que se está levando a cabo por parte do Inorde con 13 emprendedores locais deste territorio.
Na xornada inaugural de Fitur, o presidente provincial, Luis Menor, explicou tamén os pormenores da campaña da provincia ourensá nesta feira, centrada na Vía da Plata, ante medios de comunicación nacionais. Menor puxo en valor o itinerario xacobeo que atravesa a provincia como “elemento vertebrador e de promoción” da oferta de Ourense. Neste sentido, valorou o “intenso” traballo realizado desde a Deputación de Ourense, en colaboración con outros organismos, para poñer en valor e relanzar a Vía da Plata, nun contexto de crecemento de peregrinos a Santiago.
Tamén se deu a coñecer o programa de experiencias ecosostibles con 13 emprendedores locais do territorio
O presidente provincial destacou que este roteiro está destinado a facerse “con repouso” para gozar doutros recursos da provincia, como é o caso do termalismo. Ademais, ante medios nacionais tamén analizou a oportunidade do AVE para atraer viaxeiros á provincia e á Vía da Plata, grazas ao recorte das distancias e os tempos que se consegue coa Alta Velocidade. “Queremos que logren apartarse un pouco dese inferno que viviron”, sinalou Menor.
O presidente provincial tamén tivo a oportunidade de destacar o papel “capital” da provincia de Ourense no plan termal de Galicia, presentado tamén no marco de Fitur.
Encontro cos alumnos do Centro Integrado de Formación Profesional de A Farixa
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, saudou esta mañá no Ifema aos alumnos e alumnas do Centro Integrado de Formación Profesional de A Farixa (na imaxe) que acudiron a Fitur, a feira internacional de turismo que se está a desenvolver en Madrid.
Tal e como lembraron os profesores que acompañan aos alumnos e alumnas, Ana Otero e Mario Poti, a institución provincial colabora habitualmente con este centro, facilitando a visita dos estudantes á feira, “contribuíndo a ampliar a súa preparación na cita turística máis importante do mundo”, recalcou pola súa banda o presidente da Deputación.
Os alumnos e alumnas do CIFP A Farixa presentes en Fitur son de 1ª de Guía e de 1º de Dual (ciclo intensivo que combina Aloxamento, Guía e Axencias, con prácticas de 6 meses ao ano a través da cadena Hotusa). En total, un grupo de 20 mozos interesados profesionalmente nesta feira internacional, coa fin de coñecer as novas tendencias a nivel turístico. Ademais de realizar visitas guiadas por Madrid e de coñecer a propia feira, tamén visitarán un hotel de 5 estrelas para observar un aloxamento propio do ciclo que están a estudar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
VACUNACIÓN MASIVA
Nueva convocatoria contra la gripe para mayores de 60 años
Lo último