Unha tese sobre Valente recibe un premio en Italia
EDUCACIÓN
Estivo co-dirixida polo director da cátedra da USC sobre o poeta ourensán
A investigadora italiana Elsa Paredes Bertagnolli recibiu o premio á mellor tese doutoral do último ano académico da Scuola di dottorato in Studi Umanistici (Lettere e Filosofia), pertencente á Universidade de Trento, pola investigación titulada "Los caminos ecfrásticos de la palabra al borde de la visión: Valente, Durero y el "ovillo negro" de interior con figuras".
O traballo foi co-dirixido por Claudio Rodríguez Fer, profesor da Facultade de Humanidades de Lugo e director da Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética da Universidade de Santiago de Compostela, e Pietro Taravacci, director do Dipartimento di Studi Letterari, Linguistici e Filologici da Facoltà di Lettere e Filosofia na Università degli Studi di Trento, así como experto valentista e tradutor de Valente ao italiano. A cerimonia oficial de entrega do premio tivo lugar o pasado 14 de maio na central Piazza Duomo de Trento.
Elsa Paredes Bertagnolli, autora de diversas publicacións, realizou unha importante contribución ao estudo de Valente e a interrelación entre arte e poesía na súa tese doutoral, para o que investigou durante anos na Cátedra Valente da Universidade de Santiago de Compostela. Pola súa banda, Claudio Rodríguez Fer co-dixiriu investigacións académicas en varios países de Europa, África e América sobre temas diversos, mais con especial atención á obra do seu amigo José Ángel Valente, a quen dedicou numerosos libros e edicións.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
A PARTIR DE LAS 12:00
Cortes de tráfico en el centro de Ourense por el 25N: horarios y calles afectadas
PLAZOS Y REQUISITOS
Ayudas en Piñor por nacimiento, adopción o tutela: 250 euros por hijo
PLAZOS DE INSCRIPCIÓN
Navidad en Piñor: Conciliación, torneo de Scalextric y viaje a Pazolandia