ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
O Concello de Barbadás estrea un parque inclusivo na rúa da Presa, na Valenzá, detrás da escola infantil. “Os elementos de xogo inclusivo e a accesibilidade son as súas principais características, ademais do colorido pavimento de caucho que aporta seguridade”, explican fontes municipais.
Segundo relatan dende o Concello, o parque conta con tres plataformas “para garantir a accesibilidade”. Nas plataformas instaláronse “elementos de xogo inclusivos que permiten o gozo de todos os nenos e nenas”. As plataformas están comunicadas con un sendeiro que facilita o acceso.
Ademais, o parque tamén dispón de bancadas, novas papeleiras, unha “renovada” fonte bebedoiro e un cartel que indica as normas para xogar no parque. De acordo coa información aportada polo Concello, durante os traballos de construcción do parque foi necesario reubicar as farolas existentes co obxectivo de adaptalas á nova configuración do parque infantil.
Para a tenente de alcalde, Victoria Morenza, este parque inclusivo “supón un avance na integración das persoas con diversidade funcional, porque case a totalidade dos elementos son accesibles e incluso conta con xogos de escalada para favorecer a psicomotricidade”. Morenza engadiu que este emprazamento lúdico “será un lugar propicio para que todos os nenos e nenas poidan disfrutar nun espazo común”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
SENTENCIA JUDICIAL
Varapalo a Remar por usar a voluntarios para su negocio en Ourense
LARGAS RETENCIONES
Caos en la N-525 a su paso por Ourense por el cambio de carriles cortados
PREMIOS COMERCIO GALLEGO 2026
Galicia ensalza la resistencia de su comercio tradicional
Lo último