MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
O Concello de Viana do Bolo festexa o Día das Letras Galegas cun programa de actividades que contempla a lectura de poemas de Ricardo Carvalho Calero. A iniciativa foi denominada "Autores de Viana homenaxean a Carvalho Calero". Serán eles os que lean a súa obra para despois subir a súa participación ás redes sociais do Concello. Será durante a fin de semana do 16 e 17 de maio, según informou a concelleira de Cultura, Graciela Diéguez Rodríguez.
A lectura de poemas non será a única actividade.Tamén comezou "Relatos para o confinamento", un certame para nenos que repartirá mil euros en bonos, a canxear no comercio local, entre os participantes de cada unha das modalidades: vídeo e escrita.
Para a terceira actividade a Concellaría de Cultura vianesa solicita a colaboura dos veciños. "Animamos a toda a veciñanza a pendurar a bandeira galega o día 17 e colocar nos balcóns e fiestras unha serie de carteis da campaña 'Queremos Galego'". Os repartirá o Concello entre as persoas que os soliciten. Ademais, entregará láminas para que os cativos as coloreen.
"Aínda que, neste ano, a celebración oficial foi aprazada ata o 31 de outubro, dende o Concello de Viana non queremos esquecernos dunha data tan importante para a nosa cultura", afirmou o Concello.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
CONATO EXTINGUIDO
Vídeo | Se desata un incendio forestal en una cantera de Untes
Lo último
ARCHIVO SIN PREJUICIO PATRIMONIAL
Cuentas archiva la denuncia del PSOE por la gestión de la Sanidad madrileña
SE ENCARECIÓ 77 PUNTOS
El Banco de España confirma el cierre del euríbor en el mes de julio en el 2,855%
TURISMO EXTRANJERO AL ALZA
Gráfico | España atrajo hasta junio a casi 46,6 millones de turistas