VUELCO EN EL SECTOR PÚBLICO
Más de 3.600 trabajadores públicos de Ourense, en vilo por su puesto
CONCIENCIAS CREATIVAS
A Noite Galega das Persoas Investigadoras (G-Night) este venres a súa cuarta edición, con máis dun cento de actividades de divulgación en rúas, parques, bares e museos de Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol e Lugo.
Coordinada pola Universidade de Vigo, que lidera un consorcio formado polas universidades de Santiago e A Coruña; institutos de investigación do CSIC (IEGPS, IEO, MBG e INCIPIT) e outros organismos de investigación galegos (IDIS, CITMAga, SEBBM, CESGA e a RAGC), a G-Night volverá sacar a ciencia dos laboratorios e das aulas para achegala á cidadanía, desta volta, nunha vintena de localizacións.
Sobre o que atoparás se vas ao evento con G-Night La Región e Telemilño falaron con tres dos seus protagonistas:
María José Vázquez Figueiredo: Doutora en Psicoloxía Básica e profesora na Facultade de Educación e Traballo Social de Ourense. A súa investigación abarca a Psicoloxía Xurídica (p.ex., delincuencia xuvenil e adulta, victimización) e a Comunitaria (p.ex., programas de intervención, avaliación de programas e intervención, e máis recentemente adiccións).
• José Manuel Salgado Seara: Doutor en Ciencia e Tecnoloxía dos alimentos e Investigador Beatriz Galindo do Grupo BiotecnIA. Lidera unha liña de investigación sobre biorefinería de insectos para obter novas fontes de proteína de alto valor nutricional e derivados de quitina.
• Carlos Barja Márquez: Investigador do grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT). O seu proxecto de tese trata o emprego de ferramentas de Realidade Aumentada para a musealización de patrimonio construído de orixe altomedieval e tardoantigo. A súa investigación integrase dentro do proxecto europeo H2020 RurAllure.
Se queres saber o que é e un adianto do que atoparás esta noite no Torgal, en Ourense, ou en calquera outra das principais cidades galegas, non te perdas a conversa da xornalista Lucía Montáns con María José, José Manuel e Carlos.
En Ourense o escenario será o Café & Pop Torgal, que o venres 27 de setembro acollerá, a partir das 19.00 horas, dúas charlas científicas: “Aprendizaxe baseada en xogos e o colectivo transxénero”, a cargo de Paula Rodríguez, e “A ciencia axuda a reducir a violencia de xénero”, a cargo de María José Vázquez e Jennifer Rodríguez, traballadora social cun mestrado en menores en conflito. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
O programa na cidade complétase cun obradoiro de escritura sobre linguas da antigüidade, organizados por persoal investigador do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT), e para o que será preciso inscribirse previamente.
Por segundo ano consecutivo, a praza do Berbés en Vigo, co edificio Redeiras como punto central, acollerá unha gran feira científica, organizada pola Universidade de Vigo entre as 17.45 e as 22.00 horas. O programa na cidade complétase cunha charla na biblioteca Xosé Neira Vilas e cos obradoiros organizados polo Centro Oceanográfico de Vigo (IEO), que terán lugar no espazo anexo ao Museo Marco entre as 17.00 e as 21.00 horas.
As persoas asistentes atoparán actividades gratuítas dirixidas tanto aos máis pequenos e pequenas da casa coma a toda a familia. Paralelamente á feira, con máis de 20 postos científicos, o edificio acollerá charlas, un xogo de escapada, obradoiros interactivos e un espectáculo de danza. O dúo PÄRBO, integrado por dous dos artistas galegos con máis proxección, Begoña Riobó e Anxo Pintos, poñerán o ramo a este grande evento científico e cultural.
Un dos stands da feira científica, Biorrefinerías de insectos e subprodutos agroalimentarios para un futuro sostible, está deseñado polo grupo de Biotecnoloxía Industrial e Enxeñaría Ambiental (BiotecnIA). Os asistentes poderán coñecer as propiedades dos insectos e como transformar a quitina en envases activos biodegradaveis. Ademais, descubrirán o potencial dos residuos agroalimentarios para obter aditivos naturais. José Manuel Salgado Seara é o IP do grupo.
Durante os días previos á celebración da G-Night levaranse a cabo relatorios de científicos e científicas da Universidade de Vigo nos centros escolares e nos institutos da cidade, no marco da iniciativa Researchers at Schools.
Pontevedra acollerá un roteiro científico organizado pola UVigo en coordinación coa doutora en Filoloxía Galega e profesora da universidade, Ana Acuña. Ademais, a Misión Biolóxica de Galicia (MBG), centro do CSIC en Pontevedra, levará a cabo un xogo de escapada no que se tratará dunha forma lúdica e orixinal problemas sociais como a perda de biodiversidade, o cambio global, a escaseza de auga, a saúde do solo e das sementes e da súa importancia para alimentar o mundo.
Conciencias creativas é o lema baixo o que se celebrará o evento, asociado á Noite Europea das Persoas Investigadoras, un proxecto de divulgación científica promovido pola Comisión Europea dentro das accións Marie Skłodowska-Curie do programa Horizonte Europa, que se desenvolve simultaneamente en case 400 cidades europeas dende 2005. A Noite Galega das Persoas Investigadoras conta para a súa celebración con recursos propios das entidades que integran o consorcio e co apoio da Xunta de Galicia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
VUELCO EN EL SECTOR PÚBLICO
Más de 3.600 trabajadores públicos de Ourense, en vilo por su puesto
BUM DE JUBILACIONES
La mitad de vacantes por jubilación en Ourense no tendrán repuesto juvenil
Lo último