Vigo lidera un proxecto que sitúa Galicia á vangarda da enerxía undimotriz
INVESTIGACIÓN
LifeDemoWave conta cun orzamento de 1,8 millóns de euros e tres anos de duración
Galicia é unha das zonas do mundo con maior potencial para produción de enerxía mariña e a súa situación privilexiada, a boa accesibilidade, a proximidade dos puntos de consumo e a forza do mar sitúana como potencial líder na xeración da enerxía undimotriz, producida polas ondas do mar.
Para desenvolver este sector, avaliar a súa eficiencia e analizar o impacto ambiental, a Unión Europea vén de seleccionar o proxecto vigués LifeDemoWave dentro da convocatoria Life 2014. A iniciativa está impulsada por un consorcio do que forman parte a Universidade de Vigo, dúas das súas spin-off, o Cetmar e as empresas ACSM e Grupo Josmar. Cun orzamento de 1.836.000 millóns de euros, dos que a UE achega a fondo perdido o 60% (1.034.000 euros) e unha duración de tres anos, centrarase na "demostración da viabilidade do uso de enerxía das ondas para a xeración eléctrica en zonas de alta densidade de enerxía", como explicaba o coordinador o proxecto comisionado do Vigo Tecnolóxico, José Antonio Vilán, na presentación pública no campus de Vigo.
Vilán destaca o labor previo neste eido desenvolvido polos tres grupos da Universidade de Vigo implicados, CIMA e en.e, ambos da Escola de Enxeñería Industrial, e GPI-RV, da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e polas dúas spin-off xurdidas ao abeiro destes grupos. "O proxecto nace da Universidade de Vigo e nela foi onde se xestaron as dúas patentes nas que se basea LifeDemoWave", que consisten en dous prototipos de xeración undimotriz que se instalarán nas costas galegas para avaliar a viabilidade do uso deste tipo tecnoloxías.
Isto responde a unha das principais características da convocatoria Life, que busca proxectos de carácter eminentemente demostrativo que acheguen resultados escalables e exportables a calquera outro lugar de Europa. Neste sentido, o reitor da Universidade, Salustiano Mato, subliñaba a importancia deste proxecto, xa que os resultados destas iniciativas marcan as futuras políticas europeas no eido ambiental e de loita contra o cambio climático. Mato tamén fixo fincapé nas características óptimas de Galicia para desenvolver un proxecto deste tipo, xa que é a rexión de Europa, xunto co sur de Gales, "onde máis potencia eléctrica se pode extraer do mar". Lembrou tamén que a enerxía undimotriz "é a que mellor acompaña o movemento natural do mar, busca aproveitar a cinética nas tres direccións nas que se moven as ondas e, polo tanto, está na liña da mitigación do cambio climático e do respecto á contorna mariña".n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACTO CON LA REINA LETIZIA
Adolfo Domínguez apoya al sector nacional de lana
FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO
El Meeting Internacional de Ourense de atletismo y el “Metiño”
PAÍSES MÁS VISITADOS
Portugal, Francia e Italia son los destinos estrella para el turista ourensano
Lo último
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este jueves, 19 de febrero, en Ourense
REGISTRO DE CASAS
Cantabria pone en marcha el registro oficial de sus Casas en el exterior