"QUERO SER INVESTIGADORA"
Podcast | Fóra dos laboratorios da UVigo tamén hai investigadoras sen bata
18 ANOS DE FESTIVAL
O Festival Voces Femininas, organizado pola Deputación de Ourense en colaboración con Coconut Produccións, acada este ano a súa “maioría de idade”, celebrando 18 anos de traxectoria ininterrompida no calendario cultural galego. Dende os seus inicios, o festival mantivo un obxectivo claro: “poñer en valor e dar visibilidade ás mulleres artistas, tanto do panorama nacional como internacional”, sinalaba César Fernández durante a presentación. O evento regresará ó Teatro Principal de Ourense este venres, 28 de novembro, a partires das 20,00 horas.
Seguimos facendo unha aposta directa pola calidade artística
A presentación do festival serviu para reafirmar o compromiso institucional co proxecto. O vicepresidente segundo da Deputación e deputado de Cultura, César Fernández, subliñou a importancia de manter este tipo de iniciativas no tempo. Durante a súa intervención, Fernández recalcou que o apoio ao Voces Femininas supón unha “aposta directa pola calidade artística” por parte da Deputación de Ourense, consolidando “un formato que este ano se presenta innovador e reforzado”.
O cartel destaca pola súa diversidade e excelencia, reunindo a figuras de primeiro nivel. Por unha banda, o público poderá descubrir a Katherine Priddy, considerada unha das voces máis cautivadoras e prometedoras da nova escena británica actual.
A representación galega virá da man de Raposa, o persoal proxecto de María Villanueva con arranxos de Rubén Abad; unha proposta que explora sen complexos paisaxes sonoras que abrazan xéneros tan diversos como a música clásica, o jazz, o pop ou a canción protesta. O trío complétase con Laaza, a iniciativa da barcelonesa Laura Aznar, quen sorprenderá cunha fusión única de pop alternativo, a tradicional xota e a electrónica.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
"QUERO SER INVESTIGADORA"
Podcast | Fóra dos laboratorios da UVigo tamén hai investigadoras sen bata
HORIZONTE DE INCERTIDUMBRE
Ourensanos con plaza en Justicia siguen sin tomar posesión del cargo
184 CASOS POR CADA 100.000 HABITANTES
Ourense, a la cabeza española en prevalencia de casos de esclerosis múltiple
Lo último
MÚSICA, DEPORTE Y SOLIDARIDAD
Marky Ramone, batería de Los Ramones, se suma a la lucha contra el cáncer en Ourense
SIN LESIONES DE GRAVEDAD
Un conductor resulta herido tras volcar su coche en un accidente de tráfico en Larouco