EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Xavier Villaverde (A Coruña, 1958), un dos pioneiros do cinema galego, sorprendeu aos invitados ourensáns da gala inaugural do OUFF cun adianto de “María Casares, a muller que viviu mil vidas”, un documental que homenaxea a escritora e actriz cando se cumpren cen anos do seu nacemento. A longametraxe achega de maneira íntima e profunda a esta muller extraordinaria cuxa vida queda marcada pola Guerra Civil e o exilio a Francia. A cinta, que se atopa en fase de posprodución, terá a súa estrea mundial na competición de documentais da Seminci, a Semana Internacional de Cinema de Valladolid. Villaverde está moi contento de poder presentar un adianto do proxecto neste festival ourensán ao que está vinculado dende hai anos: nel presentou todos os seus filmes e foi xurado nalgunha edición.
Cre que o público se vai sorprender coa figura de María Casares neste documental?
Penso que si, é unha figura sorprendente. É unha película que busca retratar a intimidade de María, construída coa voz de María. Con esta especie de tronco principal que son as súas palabras, era unha muller que se expresaba moi ben, cun nivel intelectual moi forte. Non só era unha actriz, era moito máis, unha investigadora, unha artesá do seu oficio. Ela dicía que non se pode ser burócrata dun mesmo, experimentaba continuamente. Cando era anciá era cando foi máis arriscada. Non quería estrear nos teatros de París, gustábanlle as periferias e estrear con novos autores. Era unha forza da natureza. Teño a sensación de que se poderían facer cinco ou seis películas de María Casares e todas interesantes.
Como director, descubriu a unha María Casares inédita durante o proceso da longametraxe?
Arrinca o proxecto hai tres anos, escribín e investiguei durante toda a pandemia. Realmente, tiña a sensación de que para interiorizar ao personaxe, tiña que ter a María Casares dentro. Foi un traballo de mergullo moi importante. Por exemplo, a filla de Casares Quiroga foi metida no cárcere sen probas, só por ser filla del. Casares Quiroga non puido escribir as súas memorias porque Franco tiña secuestrada a súa filla.
Reivindica un teatro para María Casares en Galicia. É unha vergoña que non exista ningún co seu nome?
É unha pena pero di bastante de nós como galegos. Temos algún problema de autoestima nalgunhas cousas, pero empeza a mudar isto coas novas xeracións.
O OUFF estreou un adianto de “María Casares, a muller que viviu mil vidas”. Cando se poderá ver ao completo?
Desgraciadamente, non podía estar listo o documental para o festival de cine Ourense, pero dentro dun mes vai á sección oficial da Seminci. Vai a competición na sección Docs España. E o día 21 de novembro, cando se cumpren os 100 anos do nacemento de María Casares, estréase na Coruña nun gran acto homenaxe. E tamén levaremos a película a París.
En Ourense presentou a súa primeira película, “A Semente”. Que recordos ten?
Foi bonito porque se presentou nas xornadas de cine de Ourense. Nesas xornadas veu Carlos Velo. E tiven a oportunidade de coñecelo, foi moi cariñoso comigo. Foron moi cariñosos porque lles facía moita gracia que un rapaz chegase alí coa súa película. Faime moita ilusión porque en “María Casares, a muller que viviu mil vidas”, participaron moitos artistas ou se presentan obras deles. E precisamente a parte na que Casares evoca a Galicia nas súas memorias, onde di que o exilio máis doloroso para ela foi deixar Galicia, o seu primeiro exilio. E esa parte, cando fala da paisaxe galega, está ilustrada co documental que Velo gravou no 1935 sobre Galicia, antes da guerra.
Que lle parece o rumbo que está tomando o Ourense Film Festival, reivindicando a provincia como estudio de cine?
Non teño un coñecemento moi en profundidade. Paréceme ben que o festival se expanda, que a xente teña oportunidade de desfrutar do cine. Se o público non participa e non se interesa polas actividades, pode ser un pouco estéril. Cada vez a xente acude máis ao festival. Eu fun xurado aquí. Hai que tentar que haxa moito traballo, é a única maneira de que poidan xurdir obras potentes. O cine, por desgraza, é a única industria sen laboratorio de investigación. O laboratorio de investigación son os francotiradores que se arriscan a facer cousas distintas. Hai que seguir potenciando o traballo das novas xeracións, que son o futuro, pero sen esquecer o pasado. A memoria é fundamental.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
Lo último
EL GORDO ESTÁ EN EL BOMBO
¿Con qué números han tocado los premios gordos de la lotería de Navidad? Descubre los más repetidos
TERCERA VICTORIA CONSECUTIVA
El Arenteiro es otro equipo y derrota a Osasuna Promesas (2-0)