ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
UNIVERSITAS
Os últimos avances científicos en xenómica do cancro e enfermidades infecciosas serán expostos durante os dous seminarios que o Instituto de Investigación Biomédica (IBI) celebrará o próximo mes de xuño no marco do proxecto Biocaps. Ambas as dúas citas, ás que están convocados a totalidade da comunidade biomédica galega, están abertas xa á inscrición, de carácter gratuíto.
A xenómica é unha disciplina ineludible no estudo do cancro, dado que este é unha enfermidade do xenoma. Ao longo da mañá do 4 de xuño, científicos procedentes de centros españois e británicos explicarán no edificio de AFundación en Vigo os seus traballos, todos eles desenvolvidos en base ás recentes tecnoloxías de secuenciación do xenoma.
"Grazas a elas, durante a última década asistimos a avances moi alentadores na caracterización de mutacións puntuais e alteracións estruturais nun amplo espectro de cancros", explica David Posada, investigador da área de Novas Ferramentas de Diagnóstico e Terapia de Biocaps e organizador do seminario. Ademais, a secuenciación do xenoma completo dun número importante de tipos de cancro permitiu aos investigadores ter unha ampla visión sobre a evolución destas doenzas.
O 19 de xuño as protagonistas serán as enfermidades infecciosas. Durante o seminario, que se prolongará durante toda a xornada, abordaranse aspectos relacionados coa prevención, o desenvolvemento de vacinas, o diagnóstico e o tratamento de enfermidades infecciosas cunha especial incidencia na actualidade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
SENTENCIA JUDICIAL
Varapalo a Remar por usar a voluntarios para su negocio en Ourense
LARGAS RETENCIONES
Caos en la N-525 a su paso por Ourense por el cambio de carriles cortados
PREMIOS COMERCIO GALLEGO 2026
Galicia ensalza la resistencia de su comercio tradicional
Lo último