UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
OS ROSTROS DE NÓS
Baldomero Moreiras é un dos artistas convidados a participar nesa homenaxe que o diario La Región fai aos autores da Xeración Nós, e a el tocoulle representar nin máis nin menos que a Otero Pedrayo.
Que supuxo para vostede que o personaxe que lle correspondía retratar fose Otero Pedrayo?
De súpeto deume un susto o compromiso tan grande que para min significaba representar ao patriarca da cultura galega, pero por outro lado quería xogar a sacar a súa imaxe e a súa presenza cunha estética máis renovada, non a das fotos que coñecemos del. Por iso elexín a técnica de collage que me permitía facer un xogo máis moderno. Unha coincidencia moi bonita foi descubrir que Vicente Risco era un apaixoado de xogar cos recortes de cartulina e papel. Iso motivoume ainda máis.
Como evolucionou o proceso creativo desde que se entera de que debe representar a Otero Pedrayo e decide optar polo collage.
Aí foi todo xa moi rápido, fixen moitas variantes e xoguei con esa grande capacidade de oratoria que tiña e que nos mostran moitas das fotografías que temos del. Esa maneira de xesticular foi o que me levou tamén á idea de facerlle moitas mans, coma se estivese en movemento. Nun principio aparecían seis ou sete mans, pero a composición parecía moi esaxerada, así que quedou con tres. A miña intención era darlle ese efecto de movemento, lembrando o seu xeito de expresarse na oratoria. Elexín o branco coma personaxe puro e limpo sobre un fondo negro que é moi habitual nas miñas composicións adicadas ao cartelismo. Logo apareceu o amarelo que era coma todo un efecto de luz, de renovación, de sabiduría.
A imaxe que temos de Otero Pedrayo é a dun home cunha grande presenza, ou de alguén moi clásico na apariencia física pero non no seu pensamento. A revisión que vostede fai do seu retrato ofrécenos unha visión máis moderna desa imaxe.
A pesares de ser un home da Xeración Nós e de ter xa falecido, o seu legado segue estando totamente vivo, non caducou, hai que telo moi presente. O seu “Ensaio histórico sobre a cultura galega” debería ser un manual obrigatorio no Bacharelato de hoxe en día. A min transmitiume esa forza e ese amor que el sentía por Galicia na súa lectura. Non cheguei a coñecelo, eu era un neno e el un home que estaba xa noutra dimensión, era moi difícil que coincidiramos. A quen si coñecín foi a Xaquín Lorenzo “Xocas”, foi o meu profesor, o que me abriu a mente a outros mundos.
Cal é a pegada que deixou en vostede a Xeración Nós?
Teño que destacar ao grande deseñador Cándido Fernández Mazas, que traballou con eles. É un dos meus artistas galegos máis queridos, ao que seguín sempre. Conto ter unha grande influencia súa porque dalgunha maneira quero provocar esa lembranza de Fernández Mazas. Cando vin o cartel inédito que fixo para Nós, emocioneime ao ver a simpatía que teño co seu trazo. O trazo que eu fago cortando as cartulinas, en líneas rectas… O seu traballo recordoume moitísimo a min mesmo. Eso significa que a súa obra caloume moito e iso é fermosísimo, non é unha copia é unha influencia directa, amor pola súa arte.
Algún detalle ao que debemos prestar especial atención no seu retrato?
No meu mundo último de traballos reflíctese que sinto un amor especial pola muller, por representala e tamén visualizala. Neste caso, fixen un guiño no retrato de Otero Pedrayo, púxenlle o anel de matrimonio para que na propia obra apareza representada a súa dona.
Este encargo chegou nun momento moi duro, todavía en plena pandemia.
Eu agora mesmo estou coma estamos todos, traballando e pensando no taller, pero a obra está totalmente quieta. Xusto antes da pandemia, a miña exposición “O eco das amazonas” viaxaba ata Porto. Inaugurouse cun grande éxito de público e coa intervención da Universidade, no Museo Judiciário Tribunal da Relaçao. Todo fantástico. Aos catro días da inauguración veu o peche por culpa da pandemia. Un proxecto que supuña permanecer tres meses aberto ao público quedou totalmente pechado. Foi un pau terrible, quedei KO nese momento. Agora parece que estamos vendo o final da negrura.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
VACUNACIÓN MASIVA
Nueva convocatoria contra la gripe para mayores de 60 años
Lo último
Pilar Cernuda
LAS CLAVES
Sánchez, cuestionado por los suyos pero inamovible
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, sábado 20 de diciembre?
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este sábado, 20 de diciembre, en Ourense