ACUERDO TRAS 22 DÍAS
La huelga de Atención Primaria deja en Ourense 2.850 consultas retrasadas
Escritor e xornalista
Unha obra multitemática, repleta de homenaxes e escrita con toda a emotividade que Xosé Lois Rúa sempre imprime ás súas creacións poéticas. Despois dunha década gardada nalgún recuncho da "úa casa, o escritor e xornalista saca a rúa a súa obra "Memoria dos ríos perdidos", un libro cunhas connotacións máis persoais e intimistas que outros que xa se ten publicados pero, no fondo, "un libro máis". E a bo seguro que non será o último.
¿Como se fragou esta nova obra póetica?
"Memoria dos ríos perdidos" foi editada por "Espiral Maior" a raíz dunha proposta que lles fixen e que despertou o interese do seu director Miguel Anxo Fernán Bello. É un libro que leva escrito 10 anos e, realmente, non esperaba que se interesasen por el porque é un traballo moi íntimo e persoal, dirixido a amigos e amigas, pero aí está.
¿Que é, en palabras do seu autor, "Memoria dos ríos perdidos"?
Non é un libro unitario senon que recolle variedade de temas. É unha especie de homenaxe múltiple. Primeiro a unha serie de amigos que por algunha causa me serviron de inspiración, como Xosé Lois González "O Carrabouxo", Marcos Valcárcel, Xosé Cid, Basallo, Campio ou Pura Vázquez entre outros. Tamén a vilas e cidades que significaron moito na miña biografía sentimental, tales como Santiago onde estudie, Ourense, o meu Campobecerros natal... Ofrece, asemade, poemas adicados ó pobo palestino, a Galicia e unha homenaxe tamén a poetas galegos, moi especialmente a Xosé Carlos Gómez Alfaro, compañeiro de estudios e que morreu o pasado ano.
Todo un tributo poético.
Eu exprésome a través da poesía. É do único xeito que me sei abir emocionalmente. A poesía para mín é unha necesidade vital. O xornalismo gústame pero é un medio para vivir, mentres que a poesía reflexa a miña necesidade de expresarme, é o meu vehículo de comunicación.
¿Esa é a recompensa que lle reporta traballar nun xénero tan minoritario?
A poesía é un xénero superminoritario, pero apórtame unha recompensa emocional. Eu escribo básicamente como unha terapia para que afloren os sentimentos que van por dentro. É un pouco contradictorio porque cando escribo non estou pensando no lector, pero cando o traballo xa está escrito quero que a xente o lea. De feito, despois de 10 ano parecíame terrible que "Memoria dos ríos perdidos" estivera gardada sabendo que vai dirixida a tanta xente e tantos lugares.
¿Que será o próximo que vexamos de Xosé Lois Rúa?
O certo é que teño tres libros inéditos, dous de narrativa, un dos cales xa está rematado, e un poemario que hai dous ou tres anos que acabei. Aínda non ten título pero podería ser "O libro do desamparo", unha memoria sentimental da zona do sur do Invernadeiro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACUERDO TRAS 22 DÍAS
La huelga de Atención Primaria deja en Ourense 2.850 consultas retrasadas
CONSTRUCCIÓN Y REFORMAS
Apertura de un nuevo Obramat y Burger King en Ourense: fechas, ubicación y detalles
RÉCORD HISTÓRICO DE VOLUNTADES
Los testamentos vitales se duplican en Ourense durante el último año hasta superar los 500
Lo último
AL MENOS UN HERIDO
Una colisión entre dos coches provoca retenciones en Rabo de Galo, Ourense
CÚMULO DE LESIONES
Totó, el pulmón del Allariz