PERSONAJES DE LA EMIGRACIÓN ESPAÑOLA EN FRANCIA
Antonio Rodríguez Castiñeira: “Soy español, soy gallego y soy emigrante”
EBAU
Tras moitos anos de estudo, non só no instituto, pois Xulia Formella tamén estuda no conservatorio de música, onde aprende a tocar o violín e o contrabaixo, como ela di "o pequeno e o grande", ademais de toda a teoría musical detrás de ambos os dous instrumentos, esta moza ourensá logrou unha das mellores notas de Ourense na EBAU e unha das mellores de Galicia.
Agora, xa pasados os nervios e a presión do exame, Xulia fálanos de como viviu este curso e os días previos á proba.
O primeiro de todo, que nota obtiveches?
Quedeime preto do 14, cun 13,584.
Cantas horas de estudo adicaches diariamente para acadar esta nota?
Diariamente non che sabería dicir, pero si é verdade que levo o estudo moi ao día. Como vou ao conservatorio cos dous instrumentos, son moitas clases á semana que teño pola tarde a maiores do instituto entón, claro... Pola semana estudar era complicado, así que as fins de semana dende a mañá ata a noite, prácticamente. Entre semana, despois de comer e en ocos libres. Tempo libre pouco...
Que farías para relaxarte cando non estabas estudando?
É estresante o feito de ter tantas horas pola tarde no conservatorio pero si que é certo que cambias o "chip". Ao facer outra cousa, libéraste.
Íaseche o exame da cabeza namentres?
O agobio e a presión están aí sempre.
Tíñaslle medo ao selectivo?
Si... Tamén é verdade que che meten máis medo do que en verdade é porque, despois, vas alí e rematas en seguida. O peor é o propio curso, de tanto agobio, que o propio exame que son tres días e remata.
Agora que xa pasou, foi "para tanto"?
A ver, non é sinxelo, pero tampouco é imposible.
Que carrera tiñas en mente?
Non teño nin idea polo momento. Fíxeno o mellor que puiden para despois ter onde escoller.
Agora que pasou, vénseche algunha á cabeza?
Non, agora poñereime a ver que hai.
Hai algunhas que che gusten?
Pois non, teño que mirar, polo momento non teño nin idea.
Algún consello para os estudantes que afrontarán o selectivo o ano que vén?
Que estuden pero que tampouco se teñen que volver tolos. Unha nota non os define.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PERSONAJES DE LA EMIGRACIÓN ESPAÑOLA EN FRANCIA
Antonio Rodríguez Castiñeira: “Soy español, soy gallego y soy emigrante”
RÉCORD DE TRABAJADORES
Los extranjeros asumen dos de cada tres nuevos empleos en Ourense
Lo último
CATEDRAL DE SANTIAGO
Un centenar de internos de San Rosendo recorren la Vía de la Plata
OFRENDA DE LAS MADRES
Una tradición ourensana que no deja de crecer en Fátima
PRESUPUESTOS MUNICIPALES
El PSOE llama “titiritada” a las cuentas de Jácome