UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
Os concellos da provincia foron quen de arranxar e mellorar 117 quilómetros de camiños rurais no último ano grazas á achega de 4,2 millóns de euros correspondente á última convocatoria do Plan Marco de Mellora de camiños municipais da Consellería de Medio Rural. Estas subvencións permitiron acometer un total de 193 actuacións na provincia en vías municipais ou accesos a parcelas agrícolas.
En porcentaxe, Ourense recibiu o 24,7% das axudas concedidas pola Xunta en toda Galicia, cifra que supera o 25% se comparamos os quilómetros mellorados en relación co total galego. A taxa elévase ata o 30,7% se comparamos as actuacións realizadas na provincia respecto do total de Galicia. Así, a finalidade destas achegas é facilitar a ampliación, mellora ou mantemento das vías municipais rurais, incluíndo actuacións que supoñan unha prolongación da vía, o reforzo do firme e terrapléns ou a limpeza das marxes.
A nivel Galicia, o importe das axudas concedidas superou lixeiramente os 17 millóns de euros. O número de actuacións foi de 629 e os quilómetros mellorados foron en total 461,26.
A Xunta publicará proximamente a convocatoria destas achegas para o período 2024-2025, que estará dotada cun orzamento de 19,5 millóns de euros -un 8% máis que a anterior-. Poden ser beneficiarios destas axudas todos os concellos que teñan remitidas ao Consello de Contas as contas do último exercicio orzamentario antes do vencemento do prazo de presentación da solicitude e estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
VACUNACIÓN MASIVA
Nueva convocatoria contra la gripe para mayores de 60 años
Lo último
Jenaro Castro
TRAZADO HORIZONTAL
Abono único del embuste
CRISIS EN EL GOBIERNO
Yolanda Díaz: la insoportable e imprudente levedad de su ser
Lalo Pavón
O AFIADOR
A presunción de inocencia
CORRUPCIÓN EN EL PSOE
El TS revisará el 15 de enero si mantiene a Ábalos en prisión