EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
É misioneiro, pero a súafoiunha vocación tardía, poisprimeirofoi párroco na zona de Bande e Calvos de Randín. Pouco a poucofoisentindo que o seu destino pasaba por traballar en lugares desfavorecidos.
En cuanto ó punto de destino, 'atraíame África e dentro de ela, Zambia parecía un sitio tranquilo'. Pois alá está dende 1994. A experiencia demostroulle que acertou na percepción, pois segundo o propio Antonio confirma, 'trátase dunha xente moi pacífica, o cual explica que no país nunca houbera guerra, nin na transición durante a independencia, nen no paso da dictadura á democracia. Os cidadáns son educados e cultos. Todo eso convírteonun país atractivo', apunta.
Sendo terceiro mundo, 'non é dos países peores do entorno; ademáis, ofrece posibilidades de mellorar para quen teña inquedanzas'. Hai recursos naturais, fundamentalmente apegados á agricultura ou a minería, sobre todo a explotación do cobre. En contraposición cos países do entorno, ainda 'ten outro recurso moi importante, que é a abundancia de auga', dice Antonio, para engadir.
Con esas perspectivas parecería que os 14 millos de zambianos, un tercio deles católicos, teñen diante sí un futuro halagüeño; pois non é así. Nos dezaoito anos que leva Antonio alí, 'todo ten medrado e mellorado moito', pero expresa dúbidas razonadas 'de que as grandes potencias e as importantísimas corporacións económicas consintan un progreso sostible'.
'Os poderes políticos e económicos das grandes potencias, ca connivencia dos organismos internacionais, como o FMI, impoñen limitacións ás exportacións e adoptan medidas que frean o desenrolo'. Antonio sabe o que dí, pois 'as presións dises grandes lobbys obligaron ós nativos a vender as minas, que son unha das suas riquezas máis importantes, en condicións miserables, casi regalándoas, a cambio de alixeirar a débeda externa'.
Ter un sistema democrático consolidado é insuficiente para facer frente á corrupción, un mal 'endémico e estructural', que ten metidas as suas raíces en tódolosrincóns e estructuras do país, 'a pesares de que o goberno ten declarada unha cruzada contra ela. É imposible facerlle frente'. Ademáis, a 'educación é moi pobre, en parte pola actitud de dos mestres, que deixa moito que desexar. En Zambia párase a escola por calquera motivo', así que 'danse as condicións para vivir ben, pero a corrupción e os grandes oligopolios impídeno', apunta Antonio Fernández.
Á marxe das cuestión político-económicas, a máis grande paixón dos zambianos 'é o fútbol. Son campeón da última Copa de África; os rapaces e xóvenes ferven diante dun balón. Xogan en todas as esquinas e se non teñen balóns, xogan con condóns inflados'. Chegados eiquí, Antonio fai un paréntese para explicar que 'Zambia é un país cheo de condóns, que se utilizan para todo menos para o que foron inventados; mesmo sirven para reparar os pinchazos das bicicletas', dice, para sinalar que a pesares do anterior 'hai moitísima sida', que atribúe a alta promiscuidade. Niste senso hai un grave problema cultural e de formación, máis que de información.
A sida é un dos grandes males, xuntoca malaria; ámbolos dous son decisivos para que a esperanza de vida actual non acade os cuarenta anos, ainda que a fundación de Bill Gates (Bill&Melinda Gates Foundation) 'teñen feito importantes investimentos na loita contra a malaria, con extraordinarios resultados, xa que baixoumoito a mortalidade provocada por esta enfermidade'.
Antonio ten claro que voltará 'cando chegue á xubilación'; mentres, vén cada dous anos de vacacións, ainda que esta vez terá que alongar a estancia, xa que acaba de ser elixido secretario do Instituto Español de Misiones Extranjeras, que o obligará a permanecer cinco anos en Madrid. 'Ás veces tocan estas cousas', dí resignadamente.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
Lo último
PRIMERA FEDERACIÓN
Una victoria para terminar el año del Arenteiro
Miguel Anxo Bastos
Extremadura: la clave está a la izquierda
UNA VIDA DE COLECCIÓN (VIII)
Cuando lo importante es tirar y bailar bien