GUERRA POLÍTICA LOCAL
Taboadela y Barbadás chocan tras un obradoiro frustrado
Entrevista | OUFF 2021
Unha historia de terror 100% galega, “Malencolía”, inaugurou onte a vixésimo sexta edición do Ourense Film Festival. Alfonso Zarauza é o director da longametraxe, que se gravou en diversas localizacións de O Carballiño, Boborás e O Irixo nun tempo récord: 13 días. É máis: a rodaxe acabou hai tres días. O director da aclamada “Ons”, que acadou os primeiros postos na plataforma internacional HBO, presentou no OUFF unha cinta que “tiña que presentarse por primeira vez aquí. Tíñao clarísimo”. Xulio Abonjo e Melania Cruz son os protagonistas deste relato no que Sira e Pepe, unha parella que leva dez anos residindo en Berlín, volve a Galicia para asentarse nunha misteriosa aldea: San Cosme.
Visitou unha trintena de aldeas pola provincia antes de atopar San Cosme. Que importancia teñen as localizacións na película, o lugar como parte da historia de “Malencolía”?
É esencial. A aldea é fundamental porque se centraliza toda a película practicamente na aldea. Salvo momentos nos que van á vila de Carballiño e un flashback en Berlín. Quería unha aldea derruída, con casas habitables, e que houbera a casa na que vive Isolina, ademais de forza paisaxística para os encadres. Esta aldea tíñao todo, era a aldea. Namoramos dela. Na primavera xa estaba todo florido, pero a min encantábame a decadencia do outono.
Gravaron en tempo límite, só 13 días…
Non me gusta nada, pero é o que é. Cos cartos que teño, fágoo así. Pero creo que a película quedou redonda co equipo.
Fala do pouco explotados que están os “contos da lareira” no audiovisual. Romasanta, A Santa Compaña… Con que tradición oral medrou para inspirar os seus proxectos? Atopou unha oportunidade?
Tiven a sorte de ter unha avoa que contaba contos as fins de semana, cando iamos á aldea. Teño esa cousa bonita do noso ADN galego, é algo que me da moita pena que se vaia perdendo e desaparecendo. Son os tempos. Non lle sacamos partido a eses contos da lareira nunca e forman parte da nosa forma de ser como galegos e coma todo.
O xénero escollido, terror, tampouco é “habitual” en Galicia.
É un terror sui géneris porque me gusta utilizar os elementos do terror arquetípicos, pero logo convertelos noutra cousa. É moi interesante que no audiovisual galego non se empregou case nunca, salvo en “A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos”, de 1994, e algún outro proxecto. É abrazar un camiño que nos facía falta.
Tamén abrir camiño a outros profesionais?
Claro. É moi interesante. Gústame moito o cine autoral e experimental, cando está ben feito e ten personaliade. Os cines dos anos 70, tan atmosféricos, gustábanme moito.
Esta edición do OUFF reivindica Ourense como plató de cine. O seu proxecto é mostra disto. Hai movemento en Galicia?
Realmente estase apostando moi forte desde a Deputación de Ourense e é moi saudable que se faga. É un investimento de cartos pequena para a riqueza que dá de volta. Os filmes gastan moitos cartos, pero atraen moitos cartos tamén e iso queda na provincia. Son cousas que quedan aí para sempre. Son cousas boas porque se forma á xente nova da provincia, entras no filme, fálase das paisaxes, vese todo en pantalla… E vas a festivais de todo o mundo. “Ons” está indo por todo o mundo.
Co éxito de “Ons”, outra historia local, ve máis probable que “Malencolía” se vexa en todo o mundo?
Si, sempre intento que as películas partan do local, de Galicia, en galego e que teñan a calidade suficiente para dar o salto internacional como “Ons”. Nada me dá máis orgullo que ver unha película en galego en París, cun cinema ateigado de franceses escoitando a cinta en galego.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GUERRA POLÍTICA LOCAL
Taboadela y Barbadás chocan tras un obradoiro frustrado
ROBOS DE COBRE
A la caza del “oro rojo” en Ourense
PUNTOS CRUCIALES
Imágenes aéreas | Un recorrido aún sobre plano
Lo último
POSIBLE FALLO EN LA ESTRUCTURA
Tres menores resultan heridos en Vimianzo tras caer desde un balcón
EN CONFIANZA
Manolo Celta, a maxia da fotografía con Potiños