ACCIDENTE DE TRÁFICO
Una persona resulta herida en Cualedro tras sufrir un atropello
Cualedro estreará este ano unha nova feira gastronómica na comarca, e que xirará en torno aos produtos locais. Así, exaltaranse as patacas da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Pataca de Galicia, un cultivo que comparte coa veciña Limia, así como o becerro dos seus pastos a través da IXP Tenreira Galega.
A maridaxe deses dous alimentos corresponderalle ao viño da Denominación de Orixe de Monterrei, agora que Cualedro parece estar preto de introducir viñedos do seu territorio no Consello Regulador.
Con este obxectivo, o alcalde, o popular Luciano Rivero, reunise recentemente con Martín Alemparte, director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), dependente da Consellería do Medio Rural. Durante este encontro déronse os primeiros pasos de cara á celebración deste novo evento, no que se exaltarán produtos co selo de Galicia Calidade.
Rivero afirma que a feira consistirá “nunha degustación de produtos da nosa terra, con música, que incentive o comercio local”, e que está pendente “da data de celebración, pero todo apunta ao último fin de semana de xuño”. O mandatario ten previsto reunirse agora “co presidente da Deputación para contar coa súa colaboración”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Una persona resulta herida en Cualedro tras sufrir un atropello
ACCIDENTE LABORAL
Dos heridos graves tras ser atropellados por una máquina en Cualedro
XORNADA TRANSFRONTEIRIZA
O futuro dos pastos e do rural, a análise entre Cualedro e Montalegre
CONCELLEIROS DO FUTURO
Os pequenos de Cualedro toman a palabra no seu primeiro pleno
Lo último
EDIFICIO RESIDENCIAL
Vídeo | Ocho muertos y varios heridos tras el derrumbe de un edificio en Brooklyn