Eu son Balbino, un rapaz de aldea... por Neira Vilas

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O Día das letras galegas 2027 estará adicado a Xosé Neira Vilas e a noticia invita a recordar hoxe un dos libros clave na literatura galega.

Memorias dun neno labrego.
Memorias dun neno labrego. | Editorial

"Memorias dun neno labrego" é a obra máis famosa do escritor galego Xosé Neira Vilas (Gres, Villa de Cruces, Pontevedra, 3 de noviembre de 1928-Gres, 27 de noviembre de 2015), narrador, ensaísta, xornalista e poeta español en lengua galega.

A novela, 148 páxinas, foi o primeiro libro en prosa de Neira Vilas e publicouse pola primeira vez en 1961 en Buenos Aires, na editorial Follas Novas, cando o seu autor tiña 32 anos. Escrita a través da voz reflexiva de Balbino, a historia denuncia a crueldade e a pobreza da sociedade rural galega. Un rapaz marxinado pero dotado dunha profunda sensibilidade e capacidade crítica cara a un mundo adulto, unha realidade que non o comprende. Nesa loita de incomprensión, Balbino amosa a necesidade de escribir no seu caderno. A súa escritura xorde como un desafogo ante a angustia cotiá que mistùrase cos grandes enigmas da vida.

Fragmento de Memorias dun neno labrego

"Un rapaz da aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa, a pesares do que lle aconteceu por causa miña.

No verán ando descalzo. O po quente dos camiños faime alancar. Magóanme as areas e nunca falta algunha brocha para espetárseme nos pés. ÿrgome con noite pecha, ás dúas ou tres da mañá, para ir co gando, restrebar ou xuntar monllos. Cando amañece xa me doi o lombo e as pernas. Pero o día comenza. Sede, sol, moxardos.

No inverno, frío. Ganas de estar arreo ó pé do lume. Muíños apeados. Faladurías de neves e lobos. Os brazos son coma espeteiras para encolgar farrapos. Murnas, fridas, dedos sin tentos.

Que saben disto os nenos da vila!

Eles ignoran o que eu penso mentras boto ó corpo un gurrucho de caldo con broa. Ou o que sinto cando estou no monte pingando, aterecido, vendo por entre a choiva unha pantasma bretemosas en cada árbore.

A aldea é unha mestura de lama e fume, onde os cans ouvean e a xente morre "cando está de Deus", como di a madriña. Os rapaces somos tristes. Enredamos, corremos tras dos froguetes e ata rimos, pero somos tristes. Temos a pobreza e os trafegos da terra aniñados nos ollos.

Smith estivo na guerra, e eu son apenas "o neno" como me chaman na casa. Son Balbino. Un rapaz da aldea. Un ninguén

Eu quixera andar mundo. Ir por mares e terras que non coñezo. Nacín e crieime na aldea pero agora síntoa pequena, estreita. Coma se vivise nun cortizo. Teño pensamentos que non lle podo contar a ninguén. Algúns non me entenderían e outros chamaríanme tolo. Por iso escribo. E despois durmo coma unha pedra. Quedo desatafegado, libre, coma se me quitasen de enriba un bocoi. Cousas miñas! E tamén de Smith, o capitán que estivo na guerra e cando voltou para a casa púxose a escribir todo o que lle acontecera. Así está nun libro que me trouxo o Landeiro.

Se eu fixese un libro! Nin falar. Ogallá que non me atopen o caderno. Daríame vergoña. E non é para menos. Porque nel devorco todo o que sinto. Moi pouca xente o fai. Todos abren o peteiro para dúas cousas; para dicir a verdade ou para arredarse dela.

Sei de certo que moitísimos anos antes de nacer eu xa había sol e penedos e fuxía a auga polo río. E estou seguro de que todo seguirá igual despois de que eu morra. Virá máis xente, e máis, tripando uns nos outros, esquecéndose adrede dos que morreron, coma se non houbesen vivido

Na miña casa non me comprendían. E outro tanto acontéceme na do Landeiro. Iso é o peor que lle pode suceder a un pero a moita xente non se lle dá.

Eu non sei se esvarío. Vexo o mundo darredor de min e adoezo por entendelo. Vexo sombras e luces, nubeiros que viaxan, lume, árbores. Que é todo isto? Ninguén me di, poño por caso, para que sirven as estrelas, nin onde morren os paxaros. Sei de certo que moitísimos anos antes de nacer eu xa había sol e penedos e fuxía a auga polo río. E estou seguro de que todo seguirá igual despois de que eu morra. Virá máis xente, e máis, tripando uns nos outros, esquecéndose adrede dos que morreron, coma se non houbesen vivido.

Memorias dun neno labrego.
Memorias dun neno labrego. | Editorial

Escribir no meu caderno -quen o diría!- é coma baldeirar o corazón. Parece un milagre. Pois ó fin de contas non pasa de ser unha conversa comigo mesmo. Pero para min é milagre todo. Dende as pingueiras da chuvia ata o canto do grilo.

Aínda que se me ocorrese facer un libro, como fixo Smith, de pouco valería o que contase. Smith estivo na guerra, e eu son apenas "o neno" como me chaman na casa. Son Balbino. Un rapaz da aldea. Un ninguén".

A obra de referencia de Neira Vilas leva 35 ediciones e máis de 700.000 exemplares, así como traducións a linguas como o alemán, o sueco, o romanés, o ucraíno, o búlgaro, o esperanto, o checo, o maia ou o ruso, e unha edición en braille, o que o converte no libro escrito en galego máis traducido e publicado.

Contenido patrocinado

stats