O BNG considera 'escandaloso' o xuízo a Callón por 'defender' o galego
O grupo do BNG no Parlamento de Galicia presentou unha pregunta na que se interesa pola opinión do secretario xeral de Política Lingüística sobre o xuízo ao que se enfrontará o vindeiro venres Carlos Callón, e considera 'escandaloso' que o xulguen por 'defender' o galego.
Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística (MNL), será xulgado o vindeiro 10 de febreiro na Coruña por recriminarlle ao xuíz decano da cidade, Antonio Fraga Mandián, que incumprise a Lei de normalización lingüística.
O presidente da MNL xa compareceu nos xulgados de Santiago de Compostela o 16 de decembro de 2010 tras ser denunciado por Fraga Mandián, ao que criticara por utilizar a 'ilegalidade' do topónimo La Coruña.
O xuíz denunciou en 2008 un veciño da Coruña por solicitar que se lle remitise a documentación en galego e co topónimo oficial, e no xuízo contra el, o maxistrado declarou, segundo transcendeu nos medios de comunicación, que non tiña ningún rubor en usar a ilegalidade de La Coruña.
Ante este xuízo, o deputado do BNG Beito Lebeira pregúntalle ademais ao Goberno autonómico se ten prevista algunha actuación ante o poder xudicial para facer valer os dereitos lingüísticos dos galegos e garantir o cumprimento da legalidade en materia lingüística e toponímica.
Por último, pregunta se o poder xudicial en Galicia está tamén suxeito ao acatamento desa legalidade e en caso afirmativo se llo fará saber así ao xuíz Fraga Mandián.
A Mesa cualificou o xuízo contra Callón como un caso de 'criminalización das opinións e da lexítima defensa do galego', e lembra que aínda que a denuncia foi inicialmente desestimada, tanto co apoio do xulgado como da Fiscalía, un recurso do denunciante desencadeou a vista que se realizará o venres.
Con motivo deste xuízo, a Mesa fixo público o manifesto 'Queremos xustiza para a nosa lingua. Non á criminalización da súa defensa!', ao que se poden adherir os cidadáns que o desexen a través do correo electrónico mprensa@amesanl.org:
O devandito manifesto destaca que desde 1983 a Lei de normalización lingüística, aprobada por unanimidade no Parlamento galego, recoñece que os nomes de lugar teñen como única forma oficial a galega.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EXPOSICIÓN CONMEMORATIVA
Los vínculos ourensanos y granadinos de Camilo José Cela
COLUMNISMO DE OPINIÓN 2026
Alfredo Conde, reconocido con el XI Premio José Luis Alvite por la Asociación de Periodistas de Galicia
LOS LIBROS QUE LEO
Contra el mito de los clásicos aburridos
Lo último
ENFERMEDAD NEUROLÓGICA O UN SÍNTOMA
Dolor de cabeza y migraña: cómo diferenciarlos y cuáles son sus causas
UN DOLOR SIN TREGUA
La ourensana Iria Lorenzo, cuando la migraña no espera, pero la cita médica sí
UNA VIDA DE COLECCIÓN (XXII)
Galería | Vajillas para jugar a las comiditas