175 AÑOS DE SU NACIMIENTO
Académicos, traseros y feminismo: por qué la RAE rechazó hasta tres veces a Emilia Pardo Bazán
Curiosamente a palabra rapaz persoa que está entre a infancia e mocidade é a mesma que a das, aves. Unha ave rapaz. E isto é así, porque hai unha vella raíz rap- que nos fala de velocidade -rápido e tamén de apoderarse e saquear -rapina. Si. Os rapaces son moi pedichóns e moi rápidos.
E nós falamos de rapaces e rapazas, tamén raparigos e raparigas. E con matices. A forma neutra para o conxunto de machos e femias é “rapaces”. Se queremos especificar xénero feminino, podemos dicir rapazas, pero se queremos especificar o xénero masculino é máis latoso, cómpre cualificar ese substantivo: os rapaces homes ou os rapaces varóns. A forma colectiva “rapazada”, véxoa máis despectiva ca neutra. Unha “rapazada” é unha acción propia de rapaces que demostra e falta de madureza e sensatez (Non sei como coa súa idade anda facendo rapazadas así). E cando se usa como colectivo véxolle tamén caracterización negativa. (Andaba a rapazada toda coa música de regetón na praia). Inda peor sería dicir “rapazallada”, forma moi nosa que non recolle o dicionario da RAG. En fin, digo isto porque hai días vin un letreiro falando dun agasallo municipal á toda a “rapazada” de Ourense. E creo que quen a escolleu por “inclusiva” con esa enxurrada de a-a-a-a-a, fixo mal. Chegaba con rapaces, que acaba en -es como nenes ou moces e non é un invento.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
175 AÑOS DE SU NACIMIENTO
Académicos, traseros y feminismo: por qué la RAE rechazó hasta tres veces a Emilia Pardo Bazán
UNA HISTORIA SOBRE LORCA
"La bola negra", de Los Javis, representará a España en los Oscar a mejor película internacional
NOCHES DE PATRIMONIO
Santiago se empapa de danza, música y teatro en sus Noches del Patrimonio
Lo último
DE ABANCA A CONXEMAR
Conxemar y el Celta negocian una alianza que podría cambiar el nombre de Balaídos
POLÍTICA MONETARIA
La Reserva Federal desafía a Trump con una subida de los tipos de interés