Cales son as palabras preferidas dos galegos?
Día das Letras Galegas 2021
Sentidiño, afouteza, irmandade... estas son as palabras galegas elixidas pola cidadanía
Galicia celebra este 17 de maio o Día das Letras Galegas. Unha xornada adicada á poeta lucense Xela Arias e na que se reivindica a lingua galega e o seu uso. Con motivo do día do idioma galego, recopilamos aquelas verbas elixidas polos galegos como a "palabra do ano".
A proposta xorde do portal Palabra do Ano, unha iniciativa conxunta da Real Academia Galega e da Fundación Barrié que nace no ano 2013 e na que os galegos elixen aquela palabra que consideran que protagonizou ese ano. Estes son os termos elixidos nos últimos anos.
Ano 2020 - Nós
O pasado 2020 foi un ano marcado pola pandemia do coronavirus, algo totalmente novo en todo o mundo. Covid-19, coronavirus, confinamento, restriccións, máscaras... Foron moitos os termos que comezamos a incorporar no noso día a día, mais ningún deles foi o elexido. A palabra do ano foi "Nós" en homenaxe ao centenario da Xeración Nós. Unha elección que invita á esperanza e ao optimismo nun ano especialmente difícil.
Ano 2019 - Sentidiño
Aínda que un ano despois converteríase nun dos principais lemas de Sanidade durante a pandemia do coronavirus, para os galegos "sentidiño" foi a palabra que marcou o ano 2019. Unha palabra moi característica dos galegos, que vén de sentido e coa que se chama ao sentido común.
Ano 2018 - Deseucaliptización
A palabra do ano 2018 foi o neoloxismo deseucaliptización. Esta verba foi elixida ante a crecente preocupación da sociedade polos montes galegos e pola presenza cada vez maior desta especie. Deseucaliptización é un termo que se refire ao movemento de quitar eucaliptos dos montes galegos.
Ano 2017 - Afouteza
O termo "afouteza" retírese á disposición de que actúa sen temor ás dificultades ou perigos, así como á seguridade que demostra unha persoa en sí mesma. A elección desta palabra está moi ligada ao Celta de Vigo, xa que "afouteza" foi a protagonista da campaña de comunicación do club nesa tempada na que o equipo competiu na Europa League. Baixo o lema "This is afouteza" e "vamos ensinarlle ao mundo o significado de afouteza", esta palabra conquistou as rúas de Vigo.
2016 - Irmandade
Con motivo do centenario das Irmandades da Fala, no ano 2016 a palabra elixida foi "irmandade". Ademais trátase ducha verba que se refire ao sentimento de tratarse como irmáns.
2015 - Refuxiados
Para a sociedade galega a palabra do ano 2015 foi refuxiados. Unha escolla que plasma a realidade social do momento que se estaba a vivir, no que a cris dos refuxiados foi unha cuestión que acaparou portadas e telexornais, así como parte da axenda política.
2014 - Corrupción
O termo escollido no 2014 tamén pon de manifesto a visión dos cidadáns sobre a situación que atravesaba a nosa sociedade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
INCIDENCIAS CONSTANTES
El PPdeG exige que el ministro Óscar Puente explique el “caos ferroviario” en el Congreso
TERCERAS DE EUROPA
Inés Sotelo conquista el bronce con España en el Eurobasket sub 20 (81-59)
AGOTAR LA LEGISLATURA
Israel convoca elecciones a primer ministro para el próximo 27 de octubre