Simone Saibene
¡BUONE VISIONI!
Valor sentimental
ARTE ET ALIA
Ás veces todo semella unha casualidade mais sempre é produto dunha causalidade. Unha vez máis así ocorre con “Seo” dende as datas nas que está a expor no “Marcos Valcárcel”, malia non ser doado decatarse, pois a percepción non é á demanda. En coincidencia cos días finais do outono e as primeiras semanas do inverno, a fin do tempo no que o sol devala cara o solsticio reiniciando o camiño da luz, é o tempo da mostra que o artista titula “Reunión”. Velaquí o contexto deste interesante artista.
Na súa plástica amósanos dúas liñas de traballo. Unha é a dos “Icónicos”, unha maneira de expresarse que vén facendo dende comezos da pasada década, con fragmentos de obras da historia da arte, que utiliza como base de datos. Eis unha acción de pescador con redes de arrastre selectivas. As imaxes pasan así a seren reutilizadas para expresar ideas nunha sorte de metalinguaxe. Así o está expresar dende os arredores de 2012, data da súa anterior exposición individual. Mais neste novo contexto, cada obra é unha interpelación das súas habilidades culturais dos espectadores, que xogan a recoñecer as fontes iconográficas e literarias, para xerar deste xeito unha dialéctica que os interpela e reta. Así en “Amor que conforta”, 2011, Velázquez e Tintoretto; e nas “mutacións do romance”, 2013, Giorgio de Chirico e Rodin, principalmente, utilizando esta mesma obra do “Bico”, na “Rocha dos amantes”, 2020, en compañía doutra co mesmo título de Klimt, que transforma en parellas gays e lesbianas, xunto a outra heterosexual, un cadro-manifesto pola igualdade.
Outra das liñas é unha evolución das súas pescudas noutros caladoiros, caso da obra que da título á mostra. Nela fai unha correspondencia entre unha sobremesa con amigos en Tamallancos co famoso cadro de Manet “Le déjeuner sur l’herbe”, co que se inicia a idade contemporánea na pintura. A reprodución histórica dialoga con Miguel Caballo, Manolo Figueiras, Antonio Soria e Jorge Varela, achándose tamén Jesús Costa, o propio artista coa súa muller Lorena e a filla de ambos, e Sula Repani. Coa presenza de Arturo Rúa, amigo seu morto que non estivera no ágape, fai un fío que únea ás comidas funerarias, sendo ademais un exercicio coa paisaxe e o bodegón, unha apertura cara a imaxinación. Porque con Jean-Luc Nancy “Toda imagen es la Idea de un deseo”. En “Porta a Marte”, 2013, pódese ver, dende a foto dunha rolda de prensa de David Bowie na que se basea, o que lle serve para inserir nun totum revolutum calculado con il como pirata unha escena circense, a “Pris” de Blade Runner, e os C3PO e R2D2 de Star Wars, e do lado da súa parella Angie, a Fanny McNamara, Almodóvar e a escultura-peluche de Varela. Unha complexa composición, con botella etiquetada ao Rothko style e partida de xadrez iniciada en apertura aberta cun contrincante esvaído, que podemos ser nós. “O namorado” e “O bico”, en fin, teñen tamén moito de biográfico, obra esta que comparte con “Soñadores” unha formulación estilística que ben podería ser un deses lentos camiños, con liña no horizonte e punto de fuga...
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Simone Saibene
¡BUONE VISIONI!
Valor sentimental
Evelio Traba
LOS LIBROS QUE LEO
Paul Auster o la reinvención del amor
MILLONES DE ESPECTADORES
YouTube se queda con los Oscar: en 2029 el streaming de los premios de la Academia será gratuito
Lo último