Simone Saibene, tras o premio CREA para Cinephilia: "O cimema galego está a vivir uns anos históricos"

ENTREVISTA

O programa Cinephilia, de Telemiño, recibiu da man de Simone Saibene o premio CREA ao mellor programa de televisión

Publicado: 25 oct 2025 - 17:36 Actualizado: 25 oct 2025 - 21:38
Saibene, durante a gala
Saibene, durante a gala | CREA

Pregunta. Qué supón recibir xa en dúas ocasións este premio?

Respuesta. Unha gran satisfacción! É un recoñecemento importante que ven dos compañeiros e compañeiras da realización e dirección. Ademáis, CREA está a facer un gran traballo como asociación.

P. Cómo se ve ao medirse cun programa de HBO Max e Movistar de Rafael de Arcos?

R. E cos demáis que estaban nominados! Sempre é complicado elexir entre tantas propostas interesantes... Estou contento de compartir este premio cun compañeiro e que ademáis fixo unha gran miniserie.

P. Cumpríronse xa 300 programas, falando de cultura non é habitual. Queda Cinephilia para rato?

R. O próximo mércores estreamos o programa 310 e nunca me faltou contido. O cimema galego está a vivir uns anos históricos, de excelencia en todas as súas vertintes. Ser testemuña deste momento, axudar a difundir e dar a coñecer o que se está a facer agora paréceme fundamental. Desafortunadamente non é habitual falar de cultura, e aínda existe certa tendencia a falar ben dunha obra de aquí só cando gaña un premio fóra. Con 'Cinephilia' imos en contratendencia, ademáis estamos atentos en dar espazo a novos creadores e propostas moi diferentes entre elas.

P. Poderíamos considerarche o Gasset de Ourense á fronte de Cinephilia??

R. É unha comparación moi atrevida... Pero podo dicir que 'Días de cine', así como o seu director Gerardo Sánchez, foron inspiradores á hora de crear o meu programa desde cero.

P. Cal é a clave do éxito de cinephilia?

R. Non sabería exactamente... Quizáis cubrir un espazo de información cultural cinematográfica en Galicia que está case ausente. Logo, a paixón que poño no meu traballo, estar sempre atento ás novidades, viaxar a festivais e mercados, asistir a eventos relacionados co sector, ir a rodaxes, ás estreas... Ter un equipo formado por Fany Fernández, Jose Donis ou Borja Carreiro, un equipo pequeno pero moi serio e entregado e co cal estou moi contento, facilita moito o meu traballo. Ou quizáis o éxito dependa sobre todo dos creadores e das creadoras e dos seus traballos. Grazas a eles o éxito está asegurado!

Contenido patrocinado

stats