XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
ENTROIDO 2017
Os estudantes e os colexios galegos son os protagonistas da nova proposta audiovisual dos Bolechas que se emitirá este Entroido na TVG, un programa divertido para ver, e aprender, cousas novas sobre as diferentes formas de vivir o carnaval da man da cativada galega. Cun formato moi sinxelo, rápido e fresco, cada programa mostrará como gozan destas festas en diferentes localidades de Galicia, ao tempo que serve para entrar nas aulas e ver como traballa a cativada no ámbito escolar.
Para iso bótase man dun formato ben coñecido para as novas xeracións e que se adapta perfectamente aos contidos desta proposta: vídeos curtos e áxiles, moi rápidos e divertidos, co Entroido como eixo central pero abertos ás aportacións dos centros e dos estudantes que, coas súas anécdotas e accións espontáneas dan frescura e diversión, ao tempo que a cativada convértese na auténtica protagonista. Un protagonismo que comparten co seu grupo de referencia e coa súa contorna.
Pero, ademais, cada vídeo é unha mostra do gran traballo que desenvolve cada día o persoal educativo nas aulas, un labor de importancia vital para o noso futuro como sociedade e non sempre ben coñecido. De aí a aposta dos Bolechas e a TVG por abrir unha canle directa co mundo escolar e mostrar o importante labor de quen está formando as futuras galegas e galegos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives
Lo último
INMUNIZACIÓN DE LOS NIÑOS
Vacunación de gripe y covid en Ourense 2026: cuándo empieza, quién puede vacunarse y dónde
PREVISIÓN DEL TIEMPO
Ourense encara un fin de semana de calor con hasta 35 grados de máxima